Compañeiras/os:
Durante esta semana tentamos negociar a readmisión da compañeira Bea Miranda, educadora que estaba ao coidado de varios menores dunha casa de tutela dirixida pola empresa compostelá Igraxes3, despedida de maneira fulminante en represalia á defensa dos seus dereitos.
A traballadora, con xornadas de traballo de 48 horas continuadas e sen descansos (!) os sábados e domingos en Lugo, onde a desprazaron, negouse lexitimamente a asistir ás xuntanzas que a empresa marcaba fóra da xornada laboral, motivo polo cal "prescindiron dela no período de proba". Despois de varias chamadas deste sindicato á empresa que denostou reiteradamente á traballadora dísenos, ao advertilos da mobilización "estades poñendo á traballadora no disparadeiro", "coidado porque neste sector coñecémonos todos e imos ter que explicar por que non queremos á traballadora", ameazas intolerables que non podemos permitir.
Este
venres 18 de marzo, ás 11.00 h desenvolverase unha concentración diante de San Martiño Pinario (Acibechería, na Zona Vella) pola readmisión da compañeira e contra as ameazas desta empresa
É importante que saiamos con forza á rúa, xa non só na defensa da nosa compañeira senón tamén para aprederlles que non estamos dispotxs a tolerar ningún tipo de ameaza.
Agardamos contar convosco e agradeceriamos a vosa confirmación da asistencia.