Queridxs compas, seica as convocatorias son moitas, pero é que as violéncias son tremendas.
Prégase que se lle dea a máxima difusión;
contra lexislacións xenófobas, solidariedade obreira!
-------
CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCA O MARTES DÍA 23 DE FEBREIRO ÁS 11:30 H (NA PORTA DOS XULGADOS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, Rúa Viena s/n), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar
a absolución da causa aberta contra a nosa compañeira (que ten o xuizo
este día ás 12:00h ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de
irregularidade administrativa.
ÁS 11:45h no transcurso da Concentración, faremos Lectura Pública dun Comunicado en Solidariedade coa nosa compañeira.
PREGAMOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE DESTA CONVOCATORIA.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓNRúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigra...@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com