Crónica bonaerense, 1

0 views
Skip to first unread message

Filmoteca Fórum

unread,
Apr 7, 2014, 12:00:53 AM4/7/14
to filmote...@googlegroups.com
Por fin teño wifi en condicións, así que aproveito para facer relato dos catro primeiros días no BAFICI. Catro días nos que non me movín do triángulo Hotel Dazzler-Centro Cultural Recoleta-Cines Village Recoleta: o turismo quedará para máis adiante, polo momento toca confraternizar cos presentes. Para empezar, os catro compañeiros do xurado: o italiano Paolo Moretti, a quen xa coñecía; o chileno Ignacio Agüero (pasaron a semana pasada filmes seus no CGAI); o brasileiro Cao Guimaraes e a inglesa Alesia Weston. A lingua oficial das conversas varía entre o inglés (con Alesia), o español (con Ignacio) e o galego-portugués, con Cao e tamén con Paolo (que fala italiano, inglés, francés, español e portugués de marabilla).

Para proseguir, co equipo do BAFICI: Marcelo Panozzo, Fran Gayo, Leandro Listorti, Javier Porta Fouz, Violeta Bava (todos con conta en twitter, podedes seguilos). E os críticos arxentinos: Roger Koza, Diego Lerer, Diego Batlle, Quintín, Diego Trerotola. E os non arxentinos, coma Raúl Camargo, John Campos e Mark Peranson. E programadores coma Hans Hurch, Jean-Pierre Rehm, Cecilia Barrionuevo ou o venerábel Nelson Carro da Cineteca Nacional de México, pola que pasaron en 2013 oitocentos mil espectadores. 

É espectacular ver colas todo o día para entrar ás salas. E ver as salas cheas en proxeccións de Cao Guimaraes, Uri Zohar, Rita Azevedo Gomes... cineastas pouco coñecidos que despertan curiosidade entre os cinéfilos que asisten ao BAFICI, que van descubrir obras sen prexuízos. É outro nivel o desta cidade e o seu (evidente en todo momento) respecto pola cultura. É tamén é outro nivel, outra dimensión, a organización do BAFICI. Hai moita xente traballando para que todo funcione, moita, moita. Os números do BAFICI son colosais, empezando polo de asistentes, 350 mil o ano pasado. Non sei se haberá algún festival no mundo que teña máis espectadores. 

As proxeccións comezan pola mañá, co cal despois das 10 xa estou no Village Recoleta, a cinco minutos andando (por dicir algo) do hotel. A diario adoita haber un cóctel que celebra "algo" no Centro Cultural Recoleta, que nos permite refrescarnos con cerveza Quilmes cada tarde/noite (ou degustar algún repugnante combinado feito con produtos Gancia). O sábado leváronnos cear aos cinco membros do xurado ao Guido, un restaurante italiano de Palermo, moi satisfactorio. 

O martes chega Lois Patiño, que por certo vén de gañar premio en Play-Doc. Ese día pola tarde damos unha charla na Universidade do Cine. Conto con ver a Lisandro Alonso ao longo da semana. 

Este é, até hoxe, o meu calendario de visionados. Chegar aos 50 filmes, incluída algunhas curtas, non vai ser unha quimera...

Xoves 3
14:15 THE STUART HALL PROJECT (John Akomfrah)
22:25 ATLÁNTIDA (Inés María Barrionuevo) Comp Arx

Venres 4
10:30 JUANA A LOS 12 (Martín Shanly) Comp Arx
12:40 EL COLOR QUE CAYÓ DEL CIELO (Sergio Wolf)
14:45 EL ROSTRO (Gustavo Fontán) Comp Arx
16:15 LA ÚLTIMA PELÍCULA (Mark Peranson & Raya Martin)
22:35 TRES D (Rosendo Ruiz) Comp Arx

Sábado 4
10:15 UNA CANCIÓN COREANA (Gustavo Tarrío, Yael Tujsnaider) Comp Arx
12:05 SI JE SUIS PERDU, C'EST PAS GRAVE (Santiago Loza) Comp Arx
13:55 MAURO (Hernán Roselli)
16:05 FRÁGIL COMO O MUNDO (Rita Azevedo Gomes)
23:35 NAOMI CAMPBEL - NO ES FÁCIL CONVERTIRSE EN OTRA PERSONA (Nicolás Videla, Camila Donoso)

Domingo 5
10:15 REIMON (Rodrigo Moreno) Comp Arx
12:15 O HOMEM DAS MULTIDOES (Cao Guimaraes)
15:20 THE EPIC OF EVEREST (John Noel)
17:55 ACIDENTE (Cao Guimaraes)
20:35 LIVING STARS (Gastón Duprat, Mariano Cohn)
22:00 CIENCIAS NATURALES (Matías Lucchesi) Comp Arx





--

Paz Zeltia

unread,
Apr 8, 2014, 8:45:08 AM4/8/14
to filmote...@googlegroups.com
Xa non dei esperado á sobremesa, e roubei uns minutos no traballo, (somos españois, ou qué) para non enliarme moito, sobresaio impactos para mín do políglota que estás feito, os 350 mil asistentes, a cervexa Quilmes, a cena no italiano de Palermo (je) Todos eses nomes da organización e programación...  a reste de películas que supoño que de algunha terminaremos oíndo falar bastante,  e da Recoleta, a Recoleta, a Recoleta. O dioivo da noite, os conflitos sociais. E a Recoleta. Dixen a Recoleta? Encantoume ver o plano. Sonche moito de planos.

Boa charla esta tarde con Lois Patiño!


--
Has recibido este mensaje porque estás suscrito al grupo "Filmoteca Fórum" de Grupos de Google.
Para anular la suscripción a este grupo y dejar de recibir sus mensajes, envía un correo electrónico a filmotecaforu...@googlegroups.com.
Para publicar en este grupo, envía un correo electrónico a filmote...@googlegroups.com.
Para ver esta conversación en el sitio web, visita https://groups.google.com/d/msgid/filmotecaforum/CAPP%2BP8W%2BY%2BPyOXG0J0TMebB%3D%3D5Yn_wnu-uyOS7RtEc6L5M12oA%40mail.gmail.com.
Para acceder a más opciones, visita https://groups.google.com/d/optout.



--
Paz

uxia villarino

unread,
Apr 8, 2014, 9:15:43 AM4/8/14
to grupo Filmotecaforum

Primeira crónica recibida: ambiente encantador no q se te ve como peixe na auga. Agardamos a segunda

--
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages