Atendendo unha proposta da AA VV Oza-Gaiteira-Os Castros, o vindeiro luns 12 de xaneiro ás 19:30 o GT Contaminación Luminosa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío presentará nunha das salas de cinema do Fórum Metropolitano o documental de Sriram Murali "Salvar a escuridade", en versión orixinal subtitulada en galego. Neste interesante documental expóñense os diversos impactos que sobre a natureza, a saúde humana e o patrimonio cultural supón a luz artificial pola noite. A sesión é de entrada libre até completar a capacidade da sala.
Tedes toda a información no noso web:
https://agrupacionio.com/gl/portfolio/proyeccion-del-documental-salvar-la-oscuridad/