E antes do Festival de Sevilla (2012-2022) e aínda antes do FIC Xixón (1995-2011). O seu papel á fronte deses certames, aos que levou a cotas altísimas de calidade, é irrepetíbel. Intelixente e xeneroso, contribuíu decisivamente a poñer en valor o mellor cinema do noso tempo. O cinema galego débelle moito, con certeza: soubo facerlle sitio a Oliver Laxe, a Lois Patiño e a tantos outros. Eu tamén lle debo moito, tratoume sempre con moito cariño, sentinme sempre moi valorado por el dende que o coñecín en 2006. Perdín un amigo. Faise difícil aceptar a súa desaparición...