Este xoves, 5 de marzo, paso pola A. C. Alexandre Bóveda para falar do cinema de Chantal Akerman.
Na última entrega, a de 2022, da tradicional enquisa que cada dez anos fai a revista Sight & Sound sobre os mellores filmes da historia, a película que se colocou á cabeza da listaxe foi Jeanne Dielman da directora belga Chantal Akerman, unha escolla que facía evidente a súa influencia na cinefilia e na creación artística das últimas décadas. Dedicamos esta sesión a revisar a filmografía, moi diversa en canto a temas, estilos e xéneros, dunha autora imprescindíbel.