Off toipic: "O ceo de Rosalía", hoxe no Fórum Metropolitano

0 views
Skip to first unread message

Filmoteca Fórum

unread,
Feb 9, 2026, 7:26:07 AMFeb 9
to filmote...@googlegroups.com
Hoxe luns 9 de febreiro ás 19:00 estarei na biblioteca do Fórum Metropolitano para falar de astronomía á volta dos textos de Rosalía de Castro. Na palestra "O ceo de Rosalía" repasaremos a presenza de elementos astronómicos na obra poética e narrativa de Rosalía de Castro e valerémonos da súa escrita para falar da orientación a partir das estrelas, os planetas, a radiación que nos permite coñecer mellor o Universo e mesmo a contaminación luminosa. Esta actividade está organizada coa AA. VV. Oza-Gaiteira-Os Castros e coa colaboración do Concello da Coruña a través das Bibliotecas Municipais. A entrada é libre até completar a capacidade do recinto.
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages