Outras historias do cinema: Os filmes de László Krasznahorkai

1 view
Skip to first unread message

Filmoteca Fórum

unread,
Dec 2, 2025, 7:36:06 AM12/2/25
to filmote...@googlegroups.com
Pasadomañá xoves 4 de decembro ás 19:30, no local da A. C. Alexandre Bóveda, impartirei unha charla sobre a relación co cinema do escritor húngaro László Krasznahorkai. Non é infrecuente que o Premio Nobel de Literatura recaia nunha figura que deixou a súa pegada tamén no cinema, con exemplos notábeis como William Faulkner ou John Steinbeck, que escribiron os guións de grandes clásicos, ou os casos máis recentes de Harold Pinter e Peter Handke, que mesmo dirixiron filmes. Á listaxe súmase en 2025 László Krasznahorkai, quen a partir de 1988 foi o escritor habitual das películas de Béla Tarr, figura fundamental do cinema contemporáneo. Nesta sesión honraremos o sublime traballo que deu pé a obras mestras como “As harmonías Werckmeister” ou “O cabalo de Turín”.


--
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages