Cineclub Bóveda: BÁRBARA (Christian Petzold, 2012)

0 views
Skip to first unread message

Filmoteca Fórum

unread,
Feb 25, 2026, 8:50:13 AMFeb 25
to filmote...@googlegroups.com
O venres 27 ás 19.30 h, dentro do ciclo CINECLUB BÓVEDA, prosegue o foco dedicado ao cineasta alemán Christian Petzold que desenvolvemos en colaboración co Instituto Goethe coa proxección da película "Bárbara" (2012), protagonizada por Nina Hoss e Ronald Zehrfeld.

Gañadora do premio á mellor dirección da Berlinale, o filme, ambientado nos anos 80 na República Democrática Alemá, ten na Bárbara do título o personaxe principal, unha doutora que é afastada do seu posto nun prestixioso hospital berlinés e trasladada como castigo a un pequeno centro médico nunha vila. O afinado retrato social e político dos estertores da época socialista convive, nas mans de Petzold, coa empatía cara aos personaxes e a esperanza no amor e a humanidade.

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages