Off topic: charla "O espolio ilegal dos recursos do pobo saharauí"

0 views
Skip to first unread message

Filmoteca Fórum

unread,
Feb 5, 2026, 5:48:08 PMFeb 5
to
Mañá venres 6 ás 19:30 no local da A. C. Alexandre Bóveda o activista saharauí e membro da asociación Juventud Activa Saharaui (JAS) Elmachi Jalil Bugah impartirá unha charla titulada "O espolio ilegal dos recursos do pobo saharauí". Desde a súa ocupación en 1975, o territorio saharauí sufriu diversas formas de colonización económica e política dos seus recursos naturais, desde a extracción e o saqueo ilegal até o comercio global ilexítimo. Nun mundo tecnoloxicamente avanzado e en constante cambio, os recursos saharauís permiten que a ocupación marroquí obteña maiores beneficios financeiros e económicos a través da súa explotación ilegal. Ademais, esta explotación xeralizouse e intensificouse nos últimos anos. Na palestra prestarase especial atención á xurisprudencia internacional sobre a materia e ao cumprimento do dereito internacional no Sáhara Occidental.

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages