O xoves 5 de marzo, ás 19:30 h, continuamos co ciclo “Outras historias do cinema”. Na última entrega, a de 2022, da tradicional enquisa que cada dez anos fai a revista Sight & Sound sobre os mellores filmes da historia, a película que se colocou á cabeza da listaxe foi Jeanne Dielman da directora belga Chantal Akerman, unha escolla que facía evidente a súa influencia na cinefilia e na creación artística das últimas décadas. Dedicamos esta sesión a revisar a filmografía, moi diversa en canto a temas, estilos e xéneros, dunha autora imprescindíbel.