Cineclub Bóveda: EOLOMEA

0 views
Skip to first unread message

Filmoteca Fórum

unread,
Dec 12, 2025, 9:20:09 AM12/12/25
to filmote...@googlegroups.com
O vindeiro venres 19 de decembro ás 19:30 no local da A. C. Alexandre Bóveda proxectaremos un novo filme do ciclo de cinema alemán que desenvolvemos en colaboración co Instituto Goethe. Trátase dun filme de ciencia ficción, EOLOMEA, dirixido por Hermann Zschoche, ou máis ben emprega a carcasa da ciencia ficción para reflexionar sobre problemas sociais e filosóficos da vida na Terra.


Filmoteca Fórum

unread,
Dec 19, 2025, 6:12:53 AM12/19/25
to filmote...@googlegroups.com
Recordade que hoxe ás 19:30 pasamos na A. C. Alexandre Bóveda o filme alemán EOLOMEA, un clásico de culto da ciencia ficción. Comparto convosco un fragmento da folla de sala:

"En 1968 o clásico de Stanley Kubrick 2001: Odisea do espazo marcou o comezo dun novo tipo de cinema de ciencia ficción. Os monstros doutros planetas e os invasores con mentalidade guerreira pasaron a un segundo plano fronte a unha visión máis cerebral do futuro. A acción volveuse menos importante ca as ideas, e as ideas podían expresarse nos termos máis abstractos imaxinábeis. Isto foi algo bo para os cineastas dos países comunistas por dúas razóns: en primeiro lugar, podían facer películas que competiran con Hollywood onde os efectos especiais de última xeración xa non fosen o máis relevante (...); en segundo lugar, podían explorar ideas que se afastaban da doutrina comunista sen enfrontarse aos comités de revisión (...) A primeira incursión da Alemaña Oriental no cinema de ciencia ficción posterior a 2001 foi Signale - Ein Weltraumabenteuer e estivo claramente influenciada pola de Kubrick, mais foi no ano 1972 cando se estrearon dúas das películas de ciencia ficción máis importantes da órbita soviética: Solaris de Andrey Tarkovsky e Eolomea de Herrmann Zschoche (...) Eolomea comeza a súa historia no medio, co repentino silencio de radio de seis estacións espaciais. O persoal científico da Terra non ten certeza ningunha de por que está a suceder iso, polo que se reúnen para discutir que deberían facer. Mentres debaten, outras dúas estacións espaciais perden o contacto e deciden cancelar todas as viaxes espaciais até que poidan determinar se ese silencio está causado por un virus ou por algo aínda máis sinistro. A historia céntrase en dúas persoas: Maria Scholl (Cox Habbema), profesora de ciencias e unha das figuras importantes da autoridade espacial, e Dan Lagny (Ivan Andonov), un cosmonauta aburrido e sen rumbo. Cóntase dun xeito non lineal, con saltos adiante e atrás no tempo e o espazo, o que permite que a historia se desenvolva con calma..."




O ven., 12 de dec. de 2025 ás 15:19, Filmoteca Fórum (<filmote...@gmail.com>) escribiu:
O vindeiro venres 19 de decembro ás 19:30 no local da A. C. Alexandre Bóveda proxectaremos un novo filme do ciclo de cinema alemán que desenvolvemos en colaboración co Instituto Goethe. Trátase dun filme de ciencia ficción, EOLOMEA, dirixido por Hermann Zschoche, ou máis ben emprega a carcasa da ciencia ficción para reflexionar sobre problemas sociais e filosóficos da vida na Terra.




--
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages