Recordade que mañá martes ás 19h comeza na Filmoteca de Galicia o ciclo de cinema libanés co espléndido documental de Feyrouz Serhal sobe Maroun Bagdadi, MAROUN REGRESA A BEIRUT.
Subín ao blog unha reportaxe-entrevista que lle fixen a Feyrouz en agosto de 2024, en vésperas da estrea na Mostra de Venecia do seu filme. No artigo repaso ademais a traxectoria vital e fílmica de Maroun Bagdadi, todo un descubrimento: