O próximo mércores 14 de xaneiro, ás 19.30 h, o local da A. C. Alexandre Bóveda acolle a charla titulada “Da historia dos meus pais á miña: unha viaxe ruandesa”. Ao longo deste relatorio achegarémonos á historia recente de Ruanda, marcada polo xenocidio de 1994 mais tamén por unha laboriosa reconciliación nacional. A través da historia da súa propia familia, Béni NDAYISABA dará conta da memoria daqueles meses traumáticos, os xuízos posteriores e a difícil volta á normalidade nun país que nos últimos vinte anos experimentou un crecemento económico sostido e grande.
Béni NDAYISABA é un estudante de 24 anos de economía internacional que chegou á Coruña no marco dun intercambio universitario. Naceu en Gikondo, Ruanda, mais criouse en París dende moi pequeno canda os seus pais e irmáns.
Agardo que poidades acompañarnos. Podedes inscribirvos nesta ligazón: