Bo día Rafa,
Moitas grazas pola axuda.
Coméntoche: a pcb é 1.01. Descarguei a versión 1.7.0 mais non teño claro o do Config.h pois no enlace que me dás non aparece a PCB 1.01. Eu cambie no Config.h polos valores que aparecen na carpeta do dito enlace nomeada "a4-2wires" ( a botonera ten dous cables) pero o "bicho" algo fai con algún botón (xa parece que ten vida) pero só responde a un dos botóns e case non se move. Parece que o problema está no Config.h pero non sei.
Antes non facía nada cando pulsabas nos botóns, agora emite un pitido pero xa che digo que só se move e pouco ao presionar un deles.