marzo abril 2022

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Mar 3, 2022, 7:30:43 AM3/3/22
to Cineclube Padre Feijoo


cineclubepf
Ver avance en vídeo da programación

Programación marzo-abril 2022

Na antiga Grecia o oráculo aconsellou ao rei sacrificar a súa filla. Así Andrómeda foi encadeada nun cantil na beira do mar para ser devorada por un monstro mariño, mais Perseo, o sobriño do rei da cidade de Argos, namorou dela e matou o monstro para liberala... Talvez esta lenda ou mito poida dar razón do nome doutras mulleres que coñecidas como andrómedas son quen de enfrontarse a todo. Talvez poidan as andrómedas aplacar os cantos amargos dos cabalos sagrados profetizando un novo idus de marzo, antes da grande colisión coa galaxia de Andrómeda que cara á vía láctea viaxa coa indesprezable velocidade de 300 km por segundo... En 3000 millóns de anos non sabemos se poderemos anunciar unha programación como a deste mes; cun novo ciclo do Colexio de Médicos, con dúas sesións extraordinarias dentro das actividades arredor do 8M que organiza o Centro de Información Municipal as Mulleres (CIMM) de Ourense, coas habituais sesións de Filmoteca e o novo ciclo Andrómeda, con moitas mulleres como protagonistas exclusivas dos filmes programados.

LUNS ÁS 20:30 h.

Sesións Filmoteca

Comezamos cun retrato de Beiras, para logo descubrir a parte da comunidade científica que logrou fotografar un buraco negro. Non esquecemos a historia recente de Chile, nin a literatura e outras sorpresas para antes da semana santa. A non perder!

 

Sesións de filmoteca

MÉRCORES ÁS 18 e 21:00 h.

Ciclo Andrómeda

Presentamos un ciclo con  Libertad, a loita de clases,  o poder das redes sociais e o sexo, as relacións de parella na peor persoa do mundo, o feroz capitalismo en Normandía e a represión contra un refuxiado afgán homosexual, compoñen unha selección imperdible.

Ciclo Andrómeda

Tamén temos outras sesións

Colaboramos co CIMM nos actos arredor do 8M con dúas proxeccións, unha delas exclusivamente realizada por mulleres. O Colexio de médicos (ICOMOU) de Ourense comeza "con alcol" o VII ciclo.

Hive

 Xoves 10 marzo (20:30 h.):

"Hive" (Kosovo, 2021) de Blerta Basholi

#8M

Volver a empezar

Martes 15 marzo (20:30 h.):

"Herself" (Irlanda, 2021) de Phyllida Lloyd #8M

Días sen pegadas

Martes 29 marzo (19:30 h.):

The lost weekend "Días sen pegadas" (EUA, 1945) de Billy Wilder #ICOMOU

Lugar das proxeccións: Casa da cultura de Ourense

(Rúa Concello núm. 11) .  Despacho de billetes de acceso: media hora antes de cada sesión

Seguir?  Pode darse de baixa enviando a este mesmo correo 

FacebookTwitterInstagramYouTube

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages