Programación abril maio 2026

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Apr 6, 2026, 3:45:45 PM (10 days ago) Apr 6
to Cineclube Padre Feijoo
logo
Ver avance en vídeo

 

Programación de abril e maio 2026

 

No medio do absurdo dunha guerra non declarada (e ilegal coma todas as guerras), facemos provisións de historias cheas de humanismo que combinan o humor e o realismo, sen descoidar a protesta e a marxinalidade. O cinema pode ser unha ferramenta poderosa con habilidade para atopar beleza na precariedade da vida. A sinxeleza dalgunhas das propostas que nesta ocasión programamos son compromisos de auntenticidade, do que agardamos a vosa mirada de empatía e desprexuízo, como só é posible nunha sala de cineclube; lonxe do cine comercial afastado das dimensións humanas.

Aparte das citas do XI Ciclo do Colexio de médicos, temos ademais unha sesión dobre especial coa que colaboramos na programación cos Amigos da república e outra para conmemorar a fallida Revolución galega. Pregamos atención, ás sesións extraordinarias do xoves 9 de abril e do martes 12 de maio.


 

Filmoteca

Sesións de filmoteca

 

Nas sesións dos luns de filmoteca, destacamos a radiografía da protesta, a vangarda da Nouvelle vague (que completa o último filme proxectado de Richard Linklater) xunto coa honestidade de Lucía Seles e José Luis Guerín.

 

Ler máis

Ciclo

Sesións de ciclo

 

Nas sesións dos mércores, tres propostas utilizan a memoria como elemento común, sen esquecer o sentido de humor, especialmente no cuarto filme da programación, no que colabora Sean Baker.

 

Ler máis

Programación de abril e maio de 2026

 

 

09/04/26 Quen contamina a Limia? (España, 2025) de Diego Freire #VO/G/E – 74 min. / Sesión Extra / 19:30 h.

 

13/04/26 360 curvas (España, 2025)  Alejandro Gándara e Ariadna Silva #VO/G/E – 80 min. / Filmoteca / 20:30 h.

 

14/04/26 The hospital - Anatomía dun hospital (EUA, 1971) Arthur Hiller #VOSE – 103 min. / XI Ciclo ICOMOu / 19:30 h.

 

15/04/26 O agente secreto (Brasil, 2025) Kleber Mendonça Filho #VOSE – 158 min. / Ciclo / 18 e 21 h.

 

20/04/26 À bout de souffle - Ao final da escapada (Francia,1960) Jean-Luc Godard #VOSE – 90 min. / Filmoteca / 20:30 h.

 

22/04/26 My Father's Shadow - A sombra do meu pai (Reino Unido-Irlanda-Nixeria, 2025)  Akinola Davies Jr. #VOSE – 94 min. / Ciclo / 18 e 21 h.

 

23/04/26 Rocio (España-1980) Fernando Ruíz Vergara #VOE – 80 min. + El caso Rocío + (España, 2023)  Jose Luis Tirado #VOE – 75 min. / Sesión especial / 20:30 h.

 

27/04/26 Smog en tu corazón (Arxentina,2022) Lucía Seles #VOE – 116 min. / Filmoteca / 20:30 h.

 

29/04/26 Den Sidste Viking - O último vikingo (Dinamarca, 2025) Anders Thomas Jensen #VOSE – 115 min. / Ciclo / 18 e 21 h.

 

04/05/26 Historias del buen valle (España, 2025)  José Luis Guerín #VOE – 122 min. / Filmoteca / 20:30 h.

 

05/05/26 Bringing Out the Dead - Ao límite (EUA, 1999)  Martin Scorsese #VOSE – 121 min. / XI Ciclo ICOMOu / 19:30 h.

 

06/05/26 Left-Handed Girl-A moza zurda (Taiwán, 2025) Shih-Ching Tsou #VOSE – 108 min. / Ciclo / 18 e 21 h.

 

07/05/26 1846 Revolución galega (España, 2026)  César Caramés #VOG / Sesión especial / 20:30 h.

 

12/05/26 Travelling para un arpa (Conferencia) de Manuel Vilas / Sesión Extra / 20 h

 

---------------------------

Todas as proxeccións son na Casa da cultura de Ourense (Rúa Concello, 11).

 

A renovación, inscripción de socias/os e despacho de billetes está aberta media hora antes de cada sesión. Advertimos das prohibicións ao acceso á sala unha vez comezada a sesión e do uso de teléfonos móbiles durante a proxección.

En cumprimento da normativa vixente en materia de Servicios da sociedade da información e de comercio electrónico e de protección de datos de carácter persoal, informamos que, en calquera momento, vostede pode darse de baixa desta comunicación.

, , , 

Se vostede o desexa, pode darse aquí; de baixa







Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages