programación abril e maio 2022

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Apr 16, 2022, 2:01:15 AM4/16/22
to Cineclube Padre Feijoo

cineclubepf
Ver avance en vídeo?

Programación de abril e maio 2022

Alá polo 1818, en plena emerxencia cultural francesa pola volta da monarquía, Théodore Géricault pintou "Escea de naufraxio"; un cadro que daquela causou furor. A crítica dicía que «Interpela e atrae todas as miradas». Naturalmente, todos recoñecían a traxedia da Medusa. As opinións dividíronse segundo a tendencia política. Os conservadores sinalaron supostos erros artísticos; o realismo obsceno da escena e o horror que provocaba no espectador, era afastado daquela dos canons da beleza clásica. Os liberais, en cambio, viron na pintura a condena do novo réxime e da súa desidia, a metáfora dun gran naufraxio nacional. A presenza dun mariñeiro negro no centro da composición tamén deixa patente o compromiso do pintor nun momento en que se intensificaba a loita contra a escravitude e trátaa de negros. 

Polo seu realismo, dramatismo e teatralidade, o lenzo converteuse no manifesto da pintura romántica, vehículo de paixóns, desesperación e morte. O conde Ou’ Mahony exclamou: «Que espectáculo máis repugnante, pero que obra tan bela!». 

 

Esta pequena introdución ven a conta dos grandes dramas e historias fermosas que seleccionamos. Todas son belas, interpelan ás emocións e os sentidos, porén teñen a negrura dun realismo case obsceno, e incluso nalgún caso, poden provocar o horror ou a fascinación subversiva dalgunhas das propostas dos luns de Filmoteca (que estreamos de novo coa habitual colaboración co CGAI). Lembren tamén a programación do VII ciclo do colexio de médicos e por favor, non perdan ningunha sesión do ciclo dos naufraxios. A crítica dicía que interpelan á mirada...

Filmoteca CGAI

Filmoteca CGAI

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); reiniciamos programación descentralizada da Filmoteca de Galicia - CGAI, con filmes de Nobuhiro Suwa,  Hong Sang-soo e Fon Cortizo entre outros.

 

+ Info ?

Ciclo Naufraxios

Ciclo Naufraxios

Durante os mércores de abril e maio de 2022, proxectaremos un ciclo de filmes, duros e fermosos, como a última película de Asghar Farhadi,  Juho Kuosmanen ou a durísima obra de Nora Fingscheidt .

 

+ Info ?

VII Ciclo Colexio de médicos

VII Ciclo colexio de médicos

Comezamos cunha adaptación do relato de Mijaíl Bulgákov,  a partir da experiencia real do autor, cando sendo médico rural se volveu adicto á droga .  

 

Tamén un doloroso e emocionante relato de anime de Naoko Yamada 

 

+ Info ?

FacebookTwitterYouTubeInstagramPinterestTelegram

Lugar habitual de proxeccións : Casa da cultura

Rúa Concello núm.11 de Ourense

Designed with BEEDesigned with BEE

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages