Sesións do 25 ao 27 de abril

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Apr 24, 2022, 2:03:34 AM4/24/22
to Cineclube Padre Feijoo
A continuación o detalle das proxeccións da vindeira semana:


Filmoteca CGAI


25ABR.
LUN.

«9 fugas» 

Fon Cortizo · (España, 2020) 85 min. Cor. RA 1.85:1 [+12] VOG

Exploración fílmica magnética. Con atracción por personaxes singulares e polos xogos coa estrutura do relato, elabora unha narración embebida de mar, sorprendente e misteriosa, poboada por unha moza traballadora dunha lonxa, un barco silandeiro e un grupo de improvisadores que pescudan nos sons do pasado para sacar á luz tres relatos esquecidos.

Premios
2020: Premio Retueyos FICX2020: Premio Retueyos FICX
2021: Premio mellor música orixinal do Mestre Mateo

"Fon Cortizo cega cunha especie de – orixinalísimo- musical que, sen descoidar a súa mensaxe, regala unha harmoniosa sinfonía de sons inesperados, combinada cun xogo de espellos temporais"
(Alfonso Rivera, Cineuropa )


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas) 


VII Ciclo do colexio de médicos



26ABR.
MAR.

«Morfiy» Morfina

Aleksei Balabanov · (Rusia, 2008) 110 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOSE

Adaptación do relato homónimo de Mijaíl Bulgákov, a partir da experiencia real do autor ruso, cando sendo médico rural se volveu adicto á droga tras receitarlle unha pequena dose.
Balabanov reconstrúe a época na que Bulgakov cae nos brazos da morfina, os anos da revolución rusa, e mostra a práctica da medicina nese período histórico.

"A historia está contada cun realismo crú que narra o día a día…así como a fraxilidade do corpo humano"
(Abraham Esparza, siglonuevo.mx)

+ [ INFO. do resto do ciclo / Abre outra xanela]


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  (consultar bonos do ICOMOU).

Ciclo Naufraxios



27ABR.
MÉR.

«L'événement» O acontecemento

Audrey Diwan · (Francia, 2021) 100 min. Cor. RA 1.37:1 [+12] VOSE

Francia, 1963. Anne, unha nova e brillante estudante cun futuro prometedor, descobre que está embarazada. Da noite para a mañá ve truncada a oportunidade de terminar os seus estudos e fuxir das asfixiantes restricións da súa contorna. Cos exames finais achegándose e un ventre que non para de medrar, Anne decide actuar, mesmo se supón confrontar a vergoña, a dor e mesmo ir ao cárcere por iso.

Premios
2021: Festival de Venecia; León de Ouro e Premio FIPRESCI

"Un relato brutalmente honesto, coa forza e destreza abondo para lanzar a súa mensaxe á sociedade. Audrey Diwan consegue configurar un relato ben construído, contundente e sincero que chega a asustar ao espectador"
(Javier Atienza, Cinemagavia.es)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



> Lembramos ademais as seguintes actividades da semana próxima:

Filmoteca CGAI
Luns 2 de maio: Domangchin yeoja "A muller que escapou" de Hong Sans-soo

Ciclo Naufraxios
Mércores 4 de maio: Last film show "A última película" de Pan Nalin

+ Liceo de Ourense
Organizado polas Asociacións filatélica Miño e Paz Tagore; Exposición selos José Paz.





--





Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages