Manifestación SOS Ourense

1 view
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Nov 17, 2021, 12:06:18 PM11/17/21
to Cineclube Padre Feijoo
Boa tarde, a plataforma S.O.S OURENSE, da que o Cineclube Padre Feijoo forma parte, convoca a manifestarse  o vindeiro xoves 18 de novembro.

A manifestación sairá da Subdelegación do Goberno Español ás 19:30 horas.

Ducias de colectivos sociais, ambientais e culturais unímonos nunha chamada común de auxilio e pedimos a implicación activa da cidade, da provincia e do conxunto do país para virar a situación. É inaprazable plantar cara. Xa non podemos continuar impasibles ante a deriva que nos trouxo á desfeita dos gobernos de Jácome e do Partido Popular.
lmpómonos a vontade alegre de traballar na rehabilitación do tecido social e cultural da cidade de Ourense, na desintoxicación por catarse dos seus axentes e das súas dinámicas internas, condicionadas por décadas de clientelismo.
Ourense esmorece nunha fonda crise social, ambiental e cultural.
Por iso berramos S.O.S Ourense!!! e invocamos e convocamos o amor pala cidade:
• Non a unha política urbanística ao servizo da especulación e do interese duns poucos.
• Non á degradación do medio natural e da perda de símbolos da cidade como as zonas termais públicas.
• Non ao desmantelamento, abandono e baleirado de sentido de infraestruturas e institucións culturais (centros cívicos, locais de ensaio, Casa da Xuventude, Auditorio Municipal, Museo Municipal, Universidade Popular...) e a unha política cultural que privatiza o espazo público e nega o papel central e transversal da cultura na creación de comunidade.
• Non á xestión clientelar dos recursos públicos, centrada no mercadeo de vontades mentres a provincia e a cidade se sumen no despoboamento e no abandono.
• Si a políticas eficientes en materia de igualdade, de cultura, de emprego, de mocidade, de sostibilidade, de accesibilidade, de respecto ambiental e de integración social.
É imperioso darlle a volta á desmobilización e á parálise na que nos teñen.
O que acontece en Ourense é de vergoña allea, por iso facemos esta chamada. Non nos manda ninguén. Cómpre atorpármonos nas rúas e non adiar máis a autodefensa. S.O.S. Ourense !!!! 

Saúde e terra,


--


Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages