AVISO IMPORTANTE SOBRE OS NOVOS HORARIOS

2 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Oct 26, 2020, 5:40:32 PM10/26/20
to Cineclube Padre Feijoo

Diante da declaración do estado de alarma coa obriga do toque de recolla vixente, adiantamos a partir do martes 27 de outubro as sesións nunha hora (serán ás 17 e 20 horas), para así seguir mantendo a marxe de ventilación entre a primeira e segunda sesión da sala, e posibilitar o cumprimento das novas restriccións horarias, que se manterán até novo aviso, mentres dure a citada declaracións. A sesión do domingo será igualmente única, pero as 17 horas. 

Lamentamos loxicamente o incomodo e agardamos mentres sexa posible manter con seguridade e responsabilidade a programación planificada.


Lembramos a programación que resta de outubro...




27
OUT.
MAR.

«Cabaret»

Bob Fosse · (EUA, 1972) 123 min. [+12] VOSE

Berlín, anos 30. O partido nazi domina unha cidade onde o amor, o baile e a música mestúranse na animada vida nocturna do Kit Kat Club. Un refuxio máxico onde a moza Sally Bowles e un divertido mestre de cerimonias fan esquecer as tristezas da vida.


Premios
1972: Oscar: premios mellor dirección, actriz, montaxe, actor secundario, fotografía, deseño de produción, canción orixinal e son
1972: Globos de Ouro: mellor comedia/musical, actriz comedia/musical, actor secundario
1972: BAFTA: premios mellor película, dirección, actriz, fotografía, banda sonora, dirección artística


"É culta, obscena, sofisticada, sensual, cínica, tenra e reflexiva de maneira perturbadora"
(VARIETY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





28OUT.
MÉR.

«Chelovek s kino-apparatom» O home da cámara

Dziga Vertov · (Unión Soviética, 1929) 67 min. [A] VOSE

Dziga Vertov amósanos neste filme con ton documental a vida do día a día na cidade de San Petersburgo. A través da súa cámara, que actúa coma o propio ollo, Vertov capta a esencia do escenario, querendo plasmar as relacións sociais dos cidadáns a través dunha análise marxista. Como única trama, o director tenta plasmar a rutina dun operador de cámara soviético que ten que filmar a cidade desde que amence ata que se oculta o sol.


"Do resultado dunha enquisa de críticos, é a oitava mellor película do mundo"
(SIGHT AND SOUND)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





29OUT.
XOV.

«La historia oficial» A historia oficial

Luis Puenzo · (Arxentina, 1985) 110 min. [+13] VOE

Bos Aires, 1983. Nos últimos anos da ditadura militar arxentina, Alicia, unha acomodada profesora de historia comeza a tomar conciencia do ocorrido nese período. As súas sospeitas sobre os escuros asuntos do seu marido e unha Avoa de Praza de Maio que busca á súa neta son os motivos que a levan a reformularse "a historia oficial".


Premios
1985: Festival de Cannes: Premios do xurado ecuménico e mellor actriz
1985: Festival de Toronto: premio mellor película (Premio do Público)
1985: Oscar: Mellor película de fala non inglesa
1985: Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa
1986: David di Donatello: Mellor actriz estranxeira
1986: Festival de Berlín: premio Interfilm - Premio Otto Dibelius Film


"Non só é unha obra mestra, unha película modélica, de progresión dramática implacable, de inaudita combatividade e de firme compromiso político. É tamén unha película que desborda emotividade e lirismo..."
(Miguel Ángel Palomo, EL PAÍS)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





30OUT.
VEN.

«Les triplettes de Belleville» Benvidos a Belleville

Sylvain Chomet · (Francia, 2003) 78 min. [A] VOSE

A idea xenial da Señora Souza de regalar unha bicicleta ao seu sobriño Champion excedeu as súas expectativas. Cun rigoroso adestramento, Champion está preparado para participar na carreira ciclista máis famosa do mundo: o Tour de Francia. Con todo, durante a competición dous misteriosos homes vestidos de negro o secuestran. A Señora Souza e o seu fiel can Bruno emprenden a súa procura, que os leva á enorme cidade de Belleville, onde as famosas Trixemelgas deciden acollelos baixo a súa protección. Poderán combater os diabólicos plans da mafia francesa?


Premios
2003: Premios Cesar: mellor música. 3 nominacións


"Unha pequena xoia de animación"
(Brigitte Baudin, LE FIGARO)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde




Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages