Programación xaneiro febreiro 2026

1 view
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Jan 15, 2026, 5:11:42 PM (7 days ago) Jan 15
to Cineclube Padre Feijoo
XI Ciclo ICOMOu
XI Ciclo ICOMOu
CCPF
Boletín de información da programación do  CINECLUBE PADRE FEIJOO 
Ref.: Xan_Feb_2026
Comeza un novo ano de propósitos que agardamos se cumpran naqueles que realmente paguen a pena. Pola nosa parte, alonxamos os tambores de guerra. Abstraémonos da harmonia cósmica boreal cunha selección eclética de comedia, misterio e humanismo, sen descoidar o drama e as ensoñacións musicais do amor.
 
Lembramos por último a convocatoria aos/ás socios/as para as asembleas de elección de cargos, aprobación das memorias de xestión, así como aprobación se procede, de orzamentos e actividades para o ano 2026. Será o sábado 17/01/2026 ás 11:30 en 1ª convocatoria e 12 en 2ª e última convocatoria. (+ Información, aquí)
XI Ciclo ICOMOu

FAITE SOCIO/A

 

O Cineclube Padre Feijoo é unha entidade cultural sen ánimo de lucro onde todo o traballo que realizamos é voluntario. Precisamos para o desenvolvemento das actividades, o ingreso regular dunha cota de sostenemento.

XI Ciclo ICOMOu

FILMOTECA

 

Nas sesións dos luns abrimos os ollos a novos realizadores/as erecuperamos a xenialidade do trío Azcona-Ferreri-Isbert, así como o fito histórico da protesta ecolóxica para deter as verquedura radiactivas no mar.

XI Ciclo ICOMOu

SESIÓNS DE CICLO

 

Nas sesións dos mércores mostramos dous traballos recentes de directores habituais no cineclube como son Trier e Linklater, así como os últimos traballos de Elena Molina, Isaki Lacuesta e Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi 

XI Ciclo ICOMOu

SESIÓN MAXISTRAL (De balde, só para socios/as)

25 XAN. DOM. / 18 h 
«La vérité» (A verdade) de H. G. Clouzot

 

Sempre é unha boa oportunidade de recuperar a H. G. Clouzot (comparado como o Hitchcock francés) do que mostramos o mellor traballo de Brigitte Bardot, a conta do seu pasado falecemento.

XI CICLO DE CINE DO COLEXIO DE MÉDICOS
 
Na sesións mensuais dos martes, o Colexio de médicos comezamos co traballo de Robert Altman, cunha comedia negra sobre a burocracia da guerra e os avatares dunha época. O ciclo se estenderá ata novembro, agás no periodo entre xuño e setembro
XI Ciclo ICOMOu
XI Ciclo ICOMOu

Programación de xaneiro a febreiro de 2026

 

 

19/01/26 Estrany riu (España-Alemaña, 2026) de Jaume Claret Muxart #VOSE – 106 min. / Filmoteca /

 

21/01/26 Sentimental value – Valor sentimental (Noruega, 2025) de Joachim Trier #VOSE – 135 min. / Ciclo /

 

25/01/26 La vérité - A verdade (Francia, 1960) de H. G. Clouzot #VOSE – 130 min. / S. Maxistral /

 

26/01/26 El cochecito (España, 1960) de Marco Ferreri #VOSE – 85 min. / Filmoteca /

 

28/01/26 Flores para Antonio (España, 2025) de Elena Molina e Isaki Lacuesta #VOE – 98 min. / Ciclo /

 

02/02/26 Baavgai Bolohson - Se eu puidese hibernar (Mongolia, 2023) de Zoljargal Purevdas #VOSE – 99 min. / Filmoteca /

 

03/02/26 M.A.S.H. (EUA,1970) de Robert Altman #VOSE – 116 min. / Ciclo Colexión de médicos /

 

04/02/26 Maspalomas (España, 2025) de Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi #VOE – 115 min. / Ciclo /

 

09/02/26 1982: La aventura del Arosa I (España, 1982) de Manuel Abad #VO-EG – 40 min. / Filmoteca /

 

11/02/26 Nouvelle vague (Francia-EUA, 2025) de Richard Linklater #VOSE – 105 min. / Ciclo /

 

Horarios e prezos

Filmoteca (Luns): 20: 30 h. > 3 euros para os non asociados/as e de balde para socios/as.

Ciclo Colexio de médicos (Martes): 19:30 h.

Ciclo (Mércores): 18 e 21 h. > 5 euros, indistintivamente.

Sesión maxistral (Domingo): 18 h. > Única e exclusivamente para socios/as (De balde).

 

--------------

 

Por último, lembramos que o cineclube é unha asociación cultural sen ánimo de lucro (declarada de interese público) no que vostede para acceder precisa coñecer determinadas normas obligatorias e recomendacións: Non se permite o acceso unha vez comezada a sesión, non se permite o uso do teléfono móbil durante a sesión (agás para a audiodescripción, naqueles filmes sinalados co símbolo AD)), e tampouco é posible tomar imaxes e vídeo dos filmes, así como fumar, ou aquelas actividades molestas para o resto de espectadores/as (comer, facer ruído, levantarse da butaca, falar en alto,etc). Recomendamos por respecto ao resto, usar unha máscara de protección en caso de síntomas gripais, catarros ou COVID.

 

Agradecemos moítisimo a súa asistencia e dado que todo o traballo do persoal do cineclube e voluntario e non renumerado, pregamos colabore e axude a celebrar unha sesión óptima para todas as persoas asistentes ao cineclube. Respecte por favor os horarios marcados, así como a inutilización do móbil durante a proxección.

 

O acceso e renovación de carnés, é posible media hora antes de cada sesión.


Se desexas darte de baixa ou modificar o teu correo, podes comunicalo, aquí


Unsubscribe

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Jan 15, 2026, 5:19:36 PM (7 days ago) Jan 15
to Cineclube Padre Feijoo
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages