Programación xaneiro e febreiro 2025

1 view
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Jan 18, 2025, 7:25:52 AMJan 18
to Cineclube Padre Feijoo

Avance en vídeo
Avance en vídeo
CCPF
Boletín de información da programación do CINECLUBE PADRE FEIJOO
Ref.: Xan_Feb_ 2025
Desde que acabamos as proxeccións a principios do mes pasado, fóronse acumulando historias, sensacións, ideas, imaxes e ás veces situacións ineludibles.

Empezamos o ano coa actualización das cotas, acordadas na última asemblea (que explicamos ao final do detalle da programación) e que vén un pouco dada polo desinterese e falta de apoios municipais e coa previsión inmutable da situación.
Convén lembrar que no Cineclube Padre Feijoo todo o traballo e esforzo que realizamos é voluntario e non renumerado. Sabemos que moitos o saben e sentímonos apoiados e reconfortados. Pero tomben atopámonos ultimamente, con posturas tanto na sala e mesmo fóra dela, reclamando ou protestando con certa esixencia diante das restricións de uso do teléfono móbil, sobre a obrigada puntualidade para non distracción e respecto ao resto dos espectadores ou mesmo... a ver cando empezamos! (sen importar que nós deberiamos ter o mesmo dereito a gozar das festas como os demais ou un pouco de respecto e consideración á nosa dedicación altruísta) incendiando ás veces, os nosos ánimos.

O que a continuación presentamos para xaneiro e febreiro, é froito do traballo escuro previo, que adardamos vos preste.
Faite socio/a

FAITE SOCIO/A

O Cineclube Padre Feijoo é unha entidade cultural sen ánimo de lucro onde todo o traballo que realizamos é voluntario. Precisamos para o desenvolvemento das actividades, o ingreso regular dunha cota de sostenemento.

Sesións de filmoteca

FILMOTECA

Comezamos co último traballo de Margarita Ledo, para logo percorrer o drama social, a comedia surrealista (cunha copia en 4K) e rematar con varios retratos íntimos familiares e sociais de tempos pasados.

Sesión de ciclo

SESIÓNS DE CICLO

Conforman inicialmente as sesións de ciclo varios dramas de aspecto real sobre a xuventude, para rematar con dúas obras de intriga (a última de FranÇois Ozon) e terror psicolóxico que rescata unha historia real do S. XVIII.

Sesións maxistrais

SESIÓN MAXISTRAL (De balde, só para socios/as)

20 XAN. DOM. / 18 h
«Apocalypse now redux» de Francis Ford Coppola

Maxistral disección dos horrores e absurdos da guerra con 49 minutos de material que fora eliminado da estrea inicial.

SESIÓN MAXISTRAL INFANTIL
O sábado 1 de febreiro ás 12 da mañá inauguramos as sesións maxistrais infantís. Os/as socios teñen acceso de balde, poidendo convidar ata 2 persoas non socias. Proxectaremos «La dama y el vagabundo» , un dos mellores clásicos da época dourada de Disney.
Sesión maxistral infantil
Avance en vídeo

  PROGRAMACIÓN XANEIRO - FEBREIRO 2025:

  > luns 20-01-25. Prefiro condenarme, de Margarita Ledo

 > mércores 22-01-25. Les pires - Os peores, de Lise Akoka e Romane Guere

 > domingo 26-02-25. Apocalypse now redux, de Francis Ford Coppola / Só 

 socios/as / VOSE

 > luns 27-01-25. Paradiset brinner - Paradise is burning, de Mika Gustafson

 > mércores 29-01-25. Amal, de Jawad Rhalib

 > sábado 1-02-25. A dama e o vagamundo (Lady and the Tramp) de Clyde 

 Geronimi, Hamilton Luske e Wilfred Jackson / Socios/as e acompañantes (de balde) / 

 Non asociados/as: 3 euros / VDE

 > luns 3-02-25. Sedmikrásky - As margaridas, Vera Chytilová

 > mércores 5-02-25. Las chicas de la estación, de Juana Macías

 > luns 10-02-25. Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño

 > mércores 12-02-25. [SUSPENDIDA] Emilia Pérez, de Jacques Audiard *

 > luns 17-02-25. Sobre todo de noche, de Víctor Iriarte

 > mércores 19-02-25. Quand vient l'automne - Cando cae o outono, de François 

 Ozon

 > luns 24-02-25. Las novias del sur, de Elena López Riera + curtas Cecilia 

 Bartolomé

 > mércores 26-02-25. Des Teufels Bad - O baño do demo, de Severin Fiala e 

 Veronika Franz


 * [SUSPENDIDA] A -ultima hora a distribuídora titular dos dereitos mudou as condicións de explotación.


  ACTUALIZACIÓN DE COTAS:


 > Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con actualización das cotas anuais.

A actualización das mesmas por acordo da pasada asemblea (11/01/25), configúranse en 14 euros ano, con posibilidade de desconto a estudantes, parados, pensionistas e posuídores do carné da Biblioteca pública Nós, co prezo de 7 euros.

 

O acceso ás sesión de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as. O acceso ás sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros. En sesións de alta demanda, os/as socios/as terán acceso preferente ata 15 minutos antes da hora en que estea fixada a sesión.


O acceso ás sesións maxistrais dos domingos é exclusivo a socios/as e de balde.

O acceso ás sesións maxistrais dos sábados; infantis é de balde para os socios/as (e acompañantes) e de 3 euros para os non asociados/as.

O acceso ás sesión especiais ou outras, dependerá do anunciado en cada unha delas.


 TODAS PROXECCIÓNS SON NA CASA DA CULTURA DE OURENSE 


 (Rúa Concello núm. 11) 

 A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión. 

 Pregamos puntualidade.



Se desexas darte de baixa ou modificar o teu correo, podes comunicalo, aquí


Unsubscribe

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages