Chega de novo a primavera musical 2022...aos bares e ao cineclube! |
|
|
|
| | Beastie Boys Story
Spike Jonze (EUA, 2020) 119 min. VOSE
Mike Diamond e Adam Horovitz, dous dos membros dos Beastie boys, ofrecen a súa visión íntima e persoal arredor do grupo.
"Para os fans, 'Beastie Boys story' será o maior espectáculo do mundo, pero aínda que os neófitos deberían achegarse a el. Descubrirán un gran espectáculo, unha gran película e, quen sabe, igual o seu novo grupo favorito" (Juan Manuel Freire, El Periódico)
mar_31_maio / 20:30 h. / De balde |
|
|
|
| The Rocky Horror Picture Show
Jim Sharman (Reino Unido, 1975) 100 min. VOSE
Unha parella nova recentemente comprometida, atópanse perdidos no medio dunha tormenta e trala avaría do coche, procuran refuxio nun castelo, onde o doutor Frank-N-Furter, vive entregado á fabricación dunha especie de Frankenstein.
"Filme de culto, apoloxía da diversión e do sexo polo sexo, contén algunhas das escenas máis divertidas e provocativas do cine dos anos 70" (Javier Ocaña, Cinemanía)
mer_01_xuño / 20:30 h. / Soc.: 4 euros CCPF - CASA DA CULTURA |
|
|
|
| B-movie: Lust & Sound in west Berlin 1979-1989
Heiko Lange, Jörg A. Hoppe, Klaus Maeck, Miriam Dehne (Alemania, 2015) 92 min. VOSE
[Colabora o INSTITUTO GOETHE]
Unha década de cultura clandestina de Berlín Occidental.
O británico Mark Reeder, creador do fetichista selo discográfico, cuxa fascinación pola música electrónica (Tangerine Dream) levouno a finais dos anos 70 a Berlín, onde, afortunadamente, filmáronse as súas andanzas.
xov_2_xuño / 20:30 h. / De balde |
|
|
|
| Led Zeppelin: The Song Remains the Same
Peter Clifton e Joe Massot (Reino Unido, 1976) 137 min. VOSE
Retrato dos momentos máis destacados que deixaron tres actuacións consecutivas no Madison Square garden, aínda que tamén hai unha historia de fondo que mostra aos catro membros da banda (Robert Plant, Jimmy Page, John Bonham e John Paul Jones), así como situacións que rozan a liserxia ou a experimentación cinéfila.
"É unha película que vai moito máis alá da música do grupo que, por certo, en 1973 estaba no tope do mundo. Co paso do tempo converteuse nunha película de culto"
lun_06_xuño / 20:30 h. / De balde CCPF - CASA DA CULTURA |
|
|
|
| Semente de Berrar: 40 anos de ruído e rúa
Iago Santás (España, 2021) 90 min. VOG/E
Traballo que trata de recuperar a memoria da sociedade galega a través de movementos contraculturais ligados á música e á cultura dende os anos 80 até a actualidade. Recolle o ruído, a voz e a música de Julián Hernández (Siniestro Total), Sime (Keltoi), Esteban, Pablo, Kino, Gontxu y Max (Skacha), Violeta e Ánxela (Bala), Pili Dios (Desvirgheitors) entre outros.
"Houbo unha serie de realidades que non foron contadas nos medios senón a través de cancións” (Iago Santás, Nós Diario)
mar_7_xuño / 20:30 h. / De balde |
|
|
|
|
Lembramos que previamente, os luns 30 de maio, proxectamos "Josep" de Aurel (20:30 h.) no CCPF-CASA DA CULTURA |
|
|
|
| | |
|
|