corrección horaria proxeccións

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Mar 29, 2022, 3:32:51 AM3/29/22
to Cineclube Padre Feijoo
Xúntamos de seguido as proxección pendentes desta semana, correxindo o horario errado que se enviou na proxección do colexio de médicos. Saúdos e pregamos desculpas polo incomodo.


VII Ciclo do colexio de médicos


29MAR.
MAR.

«The Lost Weekend» Días sen pegadas

Billy Wilder · (EUA, 1945) 101 min. Cor. RA 1.37:1 [ND] VOSE

Don Birnam (Ray Milland) é un escritor fracasado pola súa adicción ao alcol, unha adicción que o destruíu física e moralmente e converteuno nun home carente de vontade. Mentres siga bebendo, é quen de calquera cousa, incluso de roubar. Tanto a súa noiva (Jane Wyman) como o seu irmán fan todo o posible para rexeneralo, pero os seus esforzos parecen inútiles.

Premios
1945 : 4 Oscars: Mellor película, director, actor (Milland), guión adaptado 7 nominacións
1945 : Globos de Ouro: Mellor película, director e actor (Ray Milland)
1946 : Festival de Cannes: Gran Premio do Festival (Ex-aequo). Mellor actor (Milland)

"Unha película devastadoramente realista e mórbidamente fascinante (...) Unha ilustración da miseria borracha que é un dos mellores e máis perturbadores estudos de personaxes que se viron na pantalla grande"
(Bosley Crowther, The New York Times)

INFO. do resto do ciclo / Abre outra xanela]


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  4  (consultar bonos do ICOMOU).


Ciclo Andrómeda


30MAR.
MÉR.

«Le Quai de Ouistreham» Nun peirao de Normandia

Emmanuel Carrère · (Francia, 2021) 106 min. Cor. RA 2.35:1 [+12] VOSE

Marianne Winckler, unha recoñecida autora, decide escribir un libro sobre a precariedade laboral, vivindo esta realidade de primeira man. Para iso, ocultando a súa identidade, consegue un traballo como limpadora nunha cidade de Normandía, no norte de Francia, e descobre unha vida ignorada polo resto da sociedade na que cada euro gañado ou gastado importa. A pesar da dureza da experiencia, a solidariedade entre colegas crea fortes lazos de amizade entre Marianne e eles. A axuda mutua leva á amizade e a amizade á confianza, pero que pasa con esta confianza cando se saca a verdade?

Premios
2021: Festival de Cine de San Sebastián - SSIF: Premio do Público á Mellor Película Europea

"Un retrato veraz desa tundra capitalista do primeiro mundo onde a solidariedade obreira é a única brasa da humanidade que quenta un pouco"
(Daniel De Partearroyo, Cinemanía)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



> > Lembramos de paso que na próxima semana, recuperamos a proxección suspendida por motivos técnicos do pasado 30 de marzo, sendo de balde para os/as espectadores/as que asistiron na proxección interrumpida.

> Filmoteca
Luns 4 de abril: «Más allá de las estrellas. Fotografiando un agujero negro» Máis aló das estrelas. Fotografando un buraco negro (España, 2020) de Gonzalo Gurea Ysasi

>Ciclo Andrómeda
Mércores 6 de abril: «Flee» (Francia, 2021) de Jonas Poher Rasmussen





--







Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages