| | Progranación de xuño de 2021 |
|
| Aventuramos neste fin de tempada, apretado polas emerxencias da cidade, unha efervescencia de endorfinas que florezan emocións coa poesía punk de Shane MacGowan (The Pogues), os ritmos afroamericanos (A marabillas de Mali, unha especia de Buenavista social club de África que é inédita en España que traemos grazas á colaboración do Instituto francés) e o rock sensible e visceral (PJ Harvey) conforman as propostas coas que dicimos adios á primavera. [+] |
| |
|
SESIÓNS DE FILMOTECA
Rematamos tempada con 2 sesións da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia...a non perder; O raio verde de Éric Rohmer (luns 31 de maio) e "As vidas de Marona" de Anca Damian (14 xuño); nunha sesión infantil e única [+]
|
PRIMAVERA MUSICAL
Nunha obrigada edición reducida, propomos tres filmes imperdibles, que combinan música, emoción e risas..."PJ Harvey; a dog called money" (2 xuño), "Africa mia" (7 xuño) e "Crock of gold; bebendo con Shane MacGowan" (9 xuño) [+]
|
ASÓCIATE
Unha última chamada para poder queixarse sen reparo, propoñer facer ou mesmo formar parte dun grupo cultural que ama o bo cinema... é moi sinxelo diante do mostrador da entrada; media hora antes de cada sesión. [+]
|
|
| |
| Lugar habitual de proxeccións : Casa da cultura de Ourense
Rúa Concello núm.11 de Ourense
cinec...@gmail.com
Vostede recibe esta correo porque esta suscrito á nosa lista de correo, en calquera momento pode solicitar a súa baixa. |
| |
|