Baixaremos aos sotos da historia, nunha sesión maxistral que inauguramos exclusivamente para socios/as.
Prometemos non clausurar a xanela de angurias cun filme premonitorio dunha pandemia na nova colaboración co Colexio de médicos. Podemos e debemos prometer un subidón de contos... ou unha tranquila viaxe desde a filmoteca dos luns (na Casa da cultura).
Dentro do ciclo que proxectamos no Teatro principal, presentamos catro filmes nos albores desta primavera que conforman evidentes discordancias que fan sospeitar que talvez o inverno nunca nos abandonará ... Pode a verdade ser contraditoria? Pode un actor cómico asustarnos tanto ou un retrato agónico darnos tanta vida repleta de emocións? Pode unha sinple resonancia magnética nuclear (RMN) facer unha radiografía da complexa deriva da Europa actual? Podemos ver neste ciclo virtudes e miserias? ...como na vida mesma.
De seguido, o detalle da programación para marzo, pregando atención ás singularidades dalgunhas sesións, en martes e xoves, aparte da sesión maxistral en domingo:
> mércores 01-03-23 Les choses humaines - O acusado (Francia, 2021) Yvan Attal - 138 min. / Discordancias / 5 euros
> domingo 05-03-23 Napoleon (Francia, 1927) Abel Gance - 235 min. / Sesións maxistrais / Só socios/as e de balde
> luns 06-03-23 Tolyatti Adrift (España, 2022) Laura Sisteró - 70 min. / Filmoteca / De balde socios/as - Non; 2,5 euros
> martes 07-03-23 Contagion - Contaxio (EUA-EAU, 2011) Steven Soderbergh - 106 min. / Ciclo Colexio de médicos
> luns 13-03-23 Utama (Bolivia-Uruguai-Francia, 2022) Alejandro Loayza Grisi - 87 min. / Filmoteca / / De balde socios/as - Non; 2,5 euros
> martes 14-03-23 La revolución bailando (España, 2020) Julia Rebato e Eli Martin - 64 min. / Sesión extraordinaria 8M / De balde
>>> xoves 16-03-23 The whale - A balea (EUA, 2022) Darren Aronofsky - 117 min. / Discordancias / 5 euros
> luns 20-03-23 All the Beauty and the Bloodshed - A beleza e a dor (EUA, 2022) Laura Poitras - 113 min. / Filmoteca / De balde socios/as - Non; 2,5 euros
> mércores 22-03-23 R.M.N (Rumania-Francia-Bélxica-Suecia, 2022) Crhistian Mungiu - 125 min. / Discordancias / 5 euros
> luns 27-03-23 Unrueh - Disturbios (Suíza, 2022) Cyril Schäublin - 93 min. / Filmoteca / De balde socios/as - Non; 2,5 euros
> mércores 29-03-23 Historias para no contar (España, 2022) Cesc Gay - 99 min. / Discordancias / 5 euros