sesións do 2 e 4 de maio de 2022

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
May 1, 2022, 7:03:38 AM5/1/22
to Cineclube Padre Feijoo
Velaquí van as sesión desta semana:

Filmoteca CGAI


02MAI.
LUN.

«Domangchin yeoja» A muller que escapou

Hong Sang-soo · (Corea do sur, 2020) 77 min. Cor. RA 1.85:1 [A] VOSE

En canto o marido está en viaxe de negocios, Gamhee visita tres amigas de sempre: Youngsoon, amante do seu xardín; Suyoung, profesora de pilates e Woojin, propietaria dun pequeno cine. Coas tres fala sobre o pasado, as súas relacións e escoita anécdotas das súas vidas. Gamhee non se separou do seu home en 5 anos. Ata en tres ocasións, vai suceder un feito singular: un individuo xorde de maneira inesperada e interrompe o tranquilo fío das súas conversas.

"Tan lixeira como profunda (...) Hong regálalle ao espectador a esencia da vida e do paso do tempo."
(Elsa Fernández-Santos, El País)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).




04MAI.
MÉR.

«Last film show» A última película

Pan Nalin · (India, 2021) 110 min. Cor. Dolby 7,1. RA 2.39:1 [+7] VOSE

Samay, un neno de 9 anos que vive coa súa familia nunha aldea remota da India, descobre o cinema por primeira vez e queda absolutamente hipnotizado. Contra os desexos do seu pai, volve ao cinema día tras día e faise amigo do proxeccionista que, a cambio da súa comida, déixalle ver películas gratis. Rapidamente dáse conta de que as historias se converten en luz, a luz en películas e as películas en soños. Contaxiados pola emoción, Samay e os seus amigos investigan sen descanso para tentar captar a luz e perseguir os soños.

Premios
2021: Festival de Valladolid - SEMINCI: Espiga de OUro (meLLor película)

"O cinema pode e debe ser debedor da inocencia, un fenómeno do neno que todos levamos dentro, e unha clara invitación a deixarnos fascinar. Escenas como a de Samay coa caixa escura remiten directamente ás orixes do medio, onde a curiosidade desembocou en hipnose, e a hipnose en cegamento"
(Arnau Martín, cinemaldito.com)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



> Na vindeira semana, lembramos as proxeccións:

Filmoteca CGAI
9 de maio;  "Visión nocturna" de Carolina Moscoso

Ciclo Naufraxios
11 de maio;  Hytti nro 6 "Compartimento núm. 6" de Juho Kuosmanen




--


Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages