Convocatoria Asembleas

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Jan 7, 2022, 8:44:02 AM1/7/22
to Cineclube Padre Feijoo

En aplicación do artigo 19 dos estatutos do Cineclube Padre Feijoo, a xunta directiva acordou o 20 de decembro de 2021 convocar Asembleas ordinaria e extraordinaria para o vindeiro luns 17 de xaneiro de 2022, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e 18:00 en segunda e última convocatoria, no salón de actos da Casa da Cultura. A celebración das asembleas será sucesiva, coa orde que se detalla a continuación.

> Con carácter ordinario da asemblea, convócase aos/as socios/as, para:

Informe das memorias (actividades e económicas) do ano 2021 e aprobación se procede do balance económico e de contas, orzamento económico e proxecto de actividades para o ano 2022. Rogos e preguntas.

Pode consultarse o contido das memorias, na web de Sala de máquinas do cineclube; aquí

Descarga completa da memoria 2021 e proxecto para 2022, aquí. ( PDF, 297 Kb)

> Con carácter extraordinario da asemblea, e consonte ao artigo 21 dos estatutos:

Modificación dos estatutos da asociación e elección da xunta directiva.

Para asistencia e exercizo de votación, é imprescindible estar ao corrente de cotas do 2020 ou 2021 e presentar o carné de asociado, xunto cunha identificación con foto.

A asemblea quedará validamente constituida sempre que concorran a métade máis un dos membros socios na primeira convocatoria ou na segunda, cos presentes indistintivamente do seu número. Dada a característica dos acordos a adoptar na asemblea extraordinaria, será necesario a maioría de 2/3 dos presentes. Na asemblea ordinaria, basta con maioría simple.

O contido da modificación dos estatutos será o seguinte:

Modificación do artigo 12.1:

(Actual) O presidente da asociación será designado pola Asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará dous anos. Será substituido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

(Cambio proposto) O presidente da asociación será designado pola Asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará catro anos. Será substituido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Modificación do artigo 13.1:

(Actual) A xunta directiva estará formada polo presidente da asociación, un secretario, un tesoureiro e dous vogais.

(Cambio proposto) A xunta directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente un secretario, un tesoureiro e tantos vogais que se consideren en numero impar.

Modificación do artigo 19:

(Actual) A asemblea xeral ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de xaneiro ata marzo. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo presidente/a da Xunta directiva.

A notificación farase nos locais da asociación para as asembleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.

(Cambio proposto) A asemblea xeral ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de xaneiro ata xuño. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 7 días de antelación polo presidente/a da Xunta directiva.

A notificación farase nos locais da asociación e no domicilio electrónico que faciliten os asociados.

Pode consultarse o contido orixinal completo dos estatutos vixentes, aquí.

Contamos reiniciar a programación ordinaria a partir do mércores 19 de xaneiro de 2022.

Nota: De existir restriccións de aforamento por cuestións sanitarias, habilítarase unha canle de streaming tipo Jitsi meet (que comunicaremos oportunamente aos socios e socias ao corrente de pago, por correo o nome do chat ou sala).


--





Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages