Contestación ao concello

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Aug 6, 2021, 7:24:06 AM8/6/21
to Cineclube Padre Feijoo

En relación á información vertida polo Concello de Ourense en contestación á suspensión desta edición do Cinema de Verán, o Cineclube Padre Feijoo ten que manifestar o seguinte:

1.- Non é certo que o Concello apoie no 2021 ao Cineclube cunha achega de 6.000 euros, tal como se manifesta na devandita contestación: a Xunta de Goberno local de 22 de outubro de 2020 retiroulle a subvención nominativa de 6.000 euros que esta entidade tiña en 2020, outorgándolle unicamente unha ao Liceo pola mesma contía (eliminou tamén a subvención ao Ateneo).

>Pode verificarse aquí: https://www.ourense.gal/gl/areas/cultura/blog-cultura/8226-aprobado-o-plan-de-subvencions-culturais-do-concello-para-2021


Da última subvención e única concedida ao Cineclube (2020), o Concello de Ourense segue sen abonala a día de hoxe.

>Pode verificarse na base de datos nacional de subvencións (Ver foto); nesta outra ligazón, a xustificación de todas as subvencións obtidas polo Cineclube:  https://salademaquinas.wordpress.com/transparencia/

resultado concesións ccpf BDNS.png

En canto ao resto de aseveracións da nota do Concello sobre a ordenanza fiscal, o Cienclube só ten que que engadir que agarda que a institución municipal amose a mesma dilixencia para modificala como fixo coa exención de taxas á hostalaría (3 meses). Deste xeito non só se cumpriría por fin un acordo plenario por unanimidade sen aplicar desde 2018, senón que tamén favorecería a organización de actividades culturais por parte da cidadanía e dos colectivos culturais e sociais ourensáns.
 
O futuro desta actividade do Cineclube suspendida e doutras moitas que se realizaban no espazo público depende unicamente da vontade do Concello de Ourense.




 

--


Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages