'Gigante' no Cineclube + Cinebox Ourense

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Feb 2, 2010, 4:19:19 AM2/2/10
to cinec...@googlegroups.com
‘GIGANTE’ INICIA O CICLO
DE CINEMA LATINOAMERICANO

    Mañá, mércores 3 de febreiro, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox OurenseGigante, dirixida por Adrián Biniez, dentro do ciclo «Estreas en Versión Orixinal 9: Cinema latinoamericano». O filme obtivo varios premios no Festival de Berlín 2009 —entre eles o Oso de Prata—, e foi galardoado tamén en San Sebastián e A Habana. Os pases serán ás 20.30 e 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella); as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
    O presente ciclo conta co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
    Gigante conta unha historia mínima, de personaxes. Nela, un garda de seguridade da quenda de noite nun hipermercado namórase dunha limpadora a que espía a través das cámaras de vixilancia. Axiña a vida deste vixilante se converte nunha serie de rituais e rutinas arredor dela e o seu desexo de coñecela.
    A crítica ten feito comentarios moi eloxiosos desta película. El Mundo cualificábaa como «impecable»; Público, pola súa parte, dicía que o filme «desborda honestidade por todos os seus poros»; La Vanguardia aseguraba que «a calidez de Gigante sorprende».
    

Gigante. Uruguai/Alemaña/Arxentina/Holanda, 2009. Cor, 90 min • Dirección e guión: Adrián Biniez • Produción: Fernando Epstein, Agustina Chiarino (Control Z Films, Rizoma Films, Pandora Films) • Fotografía: Arauco Hernández • Montaxe: Fernando Epstein • Música: Adrián Biniez • Intérpretes: Horacio Camandule (Jara), Leonor Svarcas (Julia), Néstor Guzzini (Tomás), Federico García (Matías), Fabiana Charlo (Mariela), Ernesto Liotti (Danilo), Diego Artucio (Omar), Carlos María Lissardy (Kennedy), Nacho Mendy (Miguel), Augusto Peloso (Rojas), Andrés Gallo (Fidel). Estrea no Uruguai: 22/5/2009 • Estrea en España: 2/10/2009. Versión orixinal en español.

• Festival de Berlín 2009: Oso de Prata ex aequo; Mellor primeira obra; Premio Alfred Bauer
• Festival de San Sebastián 2009: Premio Horizontes
• Festival de Chicago 2009: Hugo de Ouro
• Festival da Habana 2009: Segundo Premio Gran Coral
• Festival de Lima 2009: Premio Especial do Xurado

Web oficial (español): http://www.golem.es/gigante/


Ourense, 2 de febreiro de 2010
Máis información e imaxes en www.cineclubepf.blogspot.com
presentan a película uruguaia

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages