Sesións do 18 e 20 de abril

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Apr 17, 2022, 6:18:25 AM4/17/22
to Cineclube Padre Feijoo
A continuación o detalle das proxeccións desta próxima semana:


Filmoteca CGAI


18ABR.
LUN.

«Kaze no denwa» O teléfono do vento

Nobuhiro Suwa · (Xapón, 2020) 140 min. Cor. RA 1.85:1 [+12] VOSE

Haru, de 17 anos, realiza unha longa viaxe a través de Xapón na procura de respostas nunha cidade onde, en 2011, o devastador tsunami levou os seus pais e o irmán. O periplo leva á moza, aínda atormentada pola perda, desde Hiroshima a Toquio, Fukushima e Ōtsuchi, onde unha vez estivo o seu fogar. No camiño encontra outras persoas e as historias das súas perdas.



SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1)
  socios/as 2   (consultar non asociados/as).


Ciclo Naufraxios


20ABR.
MÉR.

«Ghahreman» O heroe

Asghar Farhadi · (Irán, 2021) 127 min. Cor. RA 2.39:1 [A] VOSE

Rahim está no cárcere por unha débeda que non puido reembolsar. Durante un permiso de dous días, trata de convencer ao seu acredor para que retire a súa reclamación de desembolso dunha parte do pagamento. Pero as cousas non irán como tiña previsto.

Premios
2021 : Cannes: Gran premio do xurado (ex aequo)

"Conecta co minimalismo doutras propostas iranianas, ou co neorrealismo italiano, de feito nalgúns momentos, sobre todo no esforzo do protagonista por quedar ben diante do seu fillo, fai lembrar ao "Ladrón de bicicletas". É complexa, porque os seres humanos somos complicados, e Farhadi sabe xogar coa ambigüidade que con frecuencia encerran as nosas accións"
(José María Aresté, Decine21.com)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



> Na semana seguinte, lembramos as seguintes proxeccións:

Filmoteca CGAI
Luns 25 abril: 9 fugas de Fon Cortizo (de balde)

VII Ciclo do colexio de médicos
Martes 26 de abril: Morfiy "Morfina" de Aleksei Balabanov

Ciclo Naufraxios
Mércores 27 de abril: L'événement "O acontecemento" de Audrey Diwan






--






Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages