Programación Maio Xuño 2023

6 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
May 1, 2023, 7:02:27 PM5/1/23
to Cineclube Padre Feijoo

Se non pode ver ben esta boletín probe acceder on-line aquí

 

Boletín de correo
Núm. 4/23

  


CINECLUBE PADRE FEIJOO

 

 

 
Ver avance en vídeo

Maio - xuño 2023

Contan que os obreiros da Comuna de París percorrían as rúas de maio disparando aos reloxos como símbolo último da parcelación da vida, da explotación, da submisión. En boa medida, hai un cinema  cuxo maior empeño é destruír o tempo. Neste tempo de resistencias, non pretendemos esgotarnos con voraces promesas e inífugos resultados. Ofrecemos un ciclo que dota de sentido ao tempo,  coa convicción de que algo vai a saír ben, independentemente de cómo resulte o subversivo cronómetro que nos empuxa.


 

 
+ info. SESIÓN ESPECIAL

Colexio de médicos

Proxectamos o martes 2 de maio un filme de Olivier Nakache e Eric Toledano, no cal narran moi ben en ‘Especiais’ o drama do autismo, un universo moi duro abordado con realismo,  con sentimento, sen adozalo


  
+ info. COLEXIO DE MÉDICOS

Filmoteca CGAI

Rematamos  con cinco propostas curiosas;  coma un dos primeiros traballos de  Robert Siodmak e Edgard G. Ulmer, tres curtas galegas (das que destacamos a ourensá María Ruído) , Márta Mészáros,  a obra mestra de Paulo Rocha e a añorada sinxeleza de Abbas Kiarostami
 



 
+ info. PRIMAVERA MUSICAL 2023

Ciclo Esperanzas

Apelamos á relativización do que nas nosas vidas pode e debe ser relativizado. Asubiamos maio e xuño cunha mestura de filmes conmovedores, imaxinativos, intrépidos e impresionantemente fermosos. 

A non perder ningunha!


  
Ver cotas

Sesión maxistral

O domingo 14 de maio, ofrecemos en exclusica para socios/as, o primeiro filme de Pasolini. Unha obra tráxica sen deixar de lado o cómico, áspera pero con intensos toques de lirismo. Música de Bach e excelentes interpretacións para unha obra que mantén en boa parte a súa capacidade de fascinación.



 

 

 

 

Cineclube Padre Feijoo / Rúa Ramón Cabanillas núm. 1 entrechán (32003) Ourense


facebook_icotwitter_icoyoutube_icoinstagram_icopinterest_icoweb_icomail_ico

Vostede recibe esta comunicación por correo porque esta subscrito á
nosa lista de correo, en calquera momento pode solicitar a súa  Baixa



Cineclube Padre Feijoo

unread,
May 1, 2023, 7:04:21 PM5/1/23
to Cineclube Padre Feijoo
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages