Rematamos nesta semana as Marxes Fílmicas, adicadas a Vietnam.
«Müi du du xanh» O cheiro da papaia verde
Mui é unha nena que chega á cidade para traballar como criada nunha casa. A morte, anos atrás, da filla menor da familia fai que o pai se sinta culpable, e ese drama arruína a relación coa súa muller. O home, para evadirse, escapa constantemente de casa cos ingresos dunha pequena mercería que sostén a precaria economía do fogar. Ao mesmo tempo que trata de afrontar as súas obrigas de criada, Mui sofre o acoso de Tin, o fillo menor da familia.
"É unha película de gran beleza visual; vela é como ver un poema para os ollos. Toda a acción, dentro e fóra, está ambientada en Saigón no período anterior á Guerra de Vietnam"
(Roger Ebert, Rogerebert.com)
De balde, até completar o aforamento
«The Third Wife» A terceira esposa
May, unha moza de 14 anos, ten problemas coas políticas familiares, a súa propia axencia e a perspectiva da maternidade cando se converte na terceira esposa dun rico terratenente no Vietnam rural do século XIX.
Premios
2018: Festival de Toronto: Mellor Película Asiática
"Un relato cheo de rotundidade, delicadeza, beleza e crueldade (...) a película é doce e dolorosa, fermosa e salvaxe. E cun retrato terminante da soidade da maternidade"
(Javier Ocaña, El País)
De balde, até completar o aforamento
> A programación típica do cineclube no mes de agosto non voltará ás rúas e prazas de Ourense ao non existir unha mudanza da ordenanza que regula as taxas de ocupación da vía pública para asociacións sen ánimo de lucro.
(Tamén a falta de axudas e a reducción de ingresos pola pandemia, impiden a organización a perdas, dunha actividade que sempre foi gratuíta)
Agardamos en calquera caso que pasedes un bó verán e coidaros, o becho sigue infectando.