proxeccións do 7 ao 10 de marzo

0 visualizzazioni
Passa al primo messaggio da leggere

Cineclube Padre Feijoo

da leggere,
6 mar 2022, 05:30:5806/03/22
a Cineclube Padre Feijoo

A continuación o detalle das proxeccións desta semana:


Filmoteca


07MAR.
LUN.

«Beiras. Vivir 2 veces»

Jorge CoiraGaspar Broullón e Pepe Coira · (España, 2021) 70 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOG

Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro, fotógrafo, ensaísta, conversador… Xosé Manuel Beiras é un e moitos. Beiras mantén íntegra a súa paixón por comprender o mundo, por compartir a súa visión, por contrastala, por pensar o futuro, o presente, o pasado. Por iso, "Beiras. Vivir2Veces" non é un filme sobre Beiras, senón un filme CON Beiras, no que atópase con algunhas das persoas coas que mellor falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.

Presentación e coloquio co equipo do filme


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1)
  socios/as 2   (consultar non asociados/as).


Ciclo Andrómeda


09MAR.
MÉR.

«Libertad»

Clara Roquet · (España, 2021) 104 min. Cor. RA 1.37:1 [+12] VOSE

A familia Vidal pasa na súa casa de verán as últimas vacacións da avoa Ángela, que sofre Alzheimer avanzado. Por vez primeira na súa vida, Nora, de 14 anos, sente que non atopa o seu lugar: os xogos de nenos parécenlle ridículos e as conversas dos adultos aínda lle van grandes. Mais todo muda coa chegada de Libertad, de 15 anos e filla de Rosana, a muller colombiana que coida a Ángela. Rebelde e magnética, Libertad convértese na porta de entrada a un verán distinto para Nora e as dúas mozas axiña forxan unha amizade intensa e desigual. Xuntas saen da burbulla de protección e confort que supón a casa familiar, descubrindo un mundo novo no que Nora se sente máis libre que nunca.

Premios
2021 : Goya: Mellor dirección novel
2021 : Goya: Actriz de reparto (Nora Navas)

"Fermosa película"
(Javier Ocaña, El País)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Sesións especiais 8M


10MAR.
XOV.

«Hive» Colmea

Blerta Basholli · (Kosovo, 2021) 84 min. Cor. RA 1.66:1 [ND] VOSE

(Programación do CIMM-Ourense)

O marido de Fahrije está desaparecido desde a guerra de Kosovo. Ela monta o seu propio pequeno negocio para manter aos seus fillos, pero mentres loita contra unha sociedade patriarcal que non a apoia, enfróntase a unha decisión crucial.

Premios
2021 : Festival de Cine de Sundance: 3 premios, incl. Premio do xurado - Mellor película (cine mundial)
2021 : Valladolid Film Festival - SEMINCI: Mellor actriz (Yllka Gashi)

"Unha obra moi directa...especialmente ten momentos cun cru poder emocional"
(Jessica Kiang, Variety)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  De balde

--






> Lembramos que a próxima semana, proxectaremos...

Filmoteca: «Más allá de las estrellas. Fotografiando un agujero negro» Máis aló das estrelas. Fotografando un buraco negro  (luns 14 de marzo)
Sesións especiais 8M:  «Herself» (martes 15 de marzo)
Ciclo Andrómeda: «Babardeală cu buclucsau porno balamuc» Un ferrete desafortunado ou porno tolo (mércores 16 de marzo)



--




Rispondi a tutti
Rispondi all'autore
Inoltra
0 nuovi messaggi