Acción participativa no Samaín

1 view
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Oct 29, 2021, 6:58:30 PM10/29/21
to Cineclube Padre Feijoo
Ola para tod@s :
 
A Emerxencia Cultural Ourense está promovendo unha acción participativa, estade atentos ás redes que estamos por amargarlle o samaín a máis dun político local:


Ourense mete medo. Ourense cidade morta.
COMO PARTICIPAR:

Precisamos o teu corpo para unha Santa Compaña de Jácomes, Baltares e Feijóos que sementará o terror en Ourense na noite do 31 de outubro. As máscaras, xa deseñadas, poñémolas nós. Só compre que nos avisedes de cantos corpos seredes para contar con elas.

Percorreremos lugares míticos da parroquia. Sairemos ás 22:00h da Praza do Ferro, onde nos concentraremos para inaugurar a nova fonte ter-mal da cidade, arrastraremos os pés pola Rúa da Paz ata o San Martiño, a Praza Maior, ante ese templo do horror que é o Concello, a Praza da Madalena e daremos voltas polos viños.

Levaremos cruces, caldeiros de a auga bendita, hisopos, estandartes, farois, campaíñas, viáticos e a “visión”, un cadaleito no que poderemos ler algo como SOS Ourense!!! Emerxencia cultural, medioambiental, social!!!" Traede o que podades!!!!

Na procesión collen tódolos seres mitolóxicos do ultramundo: fadas, biosbardos, meigas, menciñeiros, mouras, trasnos, lavandeiras, lobos bos, príncipes malos, meigas... E autoridades civís e militares, cregos, bispos, xuíces, (podemos inaugurar moitas cousas mo percorrido)... a poder ser todas e todos coas roupas axeitadas e todos e todas cos caretos do trío enterrador JÁCOME, BALTAR E FEIJÓO.

É probable que chova, así que chuvasqueiros negros tamén poden facer as veces de capas terroríficas.
Convida a participar nela a quen desexes. Comparte as imaxes e este texto. Faino en grupos de washap, por contacto directo co teu entorno, pero non a través das redes sociais. Queremos que a fascinación do inesperado incremente o efecto de terror.

Os poboadores da escuridade teñen vinculación clara coa morte e co medo (os gobernantes están enterrando a cultura, o patrimonio natural, esnaquizándoo todo). Na nosa terra a Santa Compaña recolle a tódalas almas perdidas (as do purgatorio, almas penando polos camiños, seres inmateriais que vagan en comitiva na busca da redención coa axuda dos vivos ou anunciando a morte inmediata). Cos dirixentes que temos o camiño asegurado é a morte.

Vémonos !


1635544000879.jpg



Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages