Programación de decembro

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Nov 30, 2020, 12:14:18 PM11/30/20
to Cineclube Padre Feijoo

Se non podes ver este correo correctamente,  fai click aquí para velo no teu navegador.

cineclubepf.eu


50 anos, 50 filmes


Oito filmes para rematar o ciclo e o ano do 50 aniversario. Desde o abafador e admirable documental de Patricio Guzmán sobre a batalla de Chile (martes 1 decembro), a actual e polémica metáfora de Orson Welles (mércores 2), os duros filmes de Lucrecia Martel  (xoves 3) e Yilmayz Güney (venres 4) , este último subtiltulado polo cineclube ao galego, ata a traca final desta magna festa cinéfila con Federico Fellini (domingo 6), Iván Zulueta (venres 18), Roman Polanski (domingo 20 ) e o final subxugante de Wong Kar-Wai (martes 22 decembro).  > Descargar toda a programación e > Descargar todo en formato:  PDF [48 Kb]

Advertimos que a programación, poden verse alterada por mor das restriccións que poidan adoptar as autoridades sanitarias, consonte a evolución da pandemia. 

Pregamos atención aos avisos de actualización no blog do cineclube.

Ler máis no blog 


Luns de filmoteca

Rematamos a programación de filmoteca con dous filmes subtitulados ao galego.

Filmoteca CGAI

Os dous últimos filmes da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia - CGAI, grazas a un convenio subscrito entre o cineclube e o AGADIC, percorren a mísera  periferia no rural de Gaza (A familia Samouni) e de Lisboa (Vitalina Varela). 

Ler máis






AMAL EN RUTA

Do 10 ao 13 de decembro...Grazas á Fundación Araguaney, O mellor cine árabe actual. >...

https://cineclubepf.blogspot.com/2020/11/programacion-de-decembro-de-2020.html#20201210












CINE DE OUTONO EN RIBADAVIA

Tralo retraso obrigado polas restriccións en Ribadavia e Ourense...Regresa o ciclo do Museo etnolóxico de Ribadavia, cunha selección de clásicos galegos en formato de dous fins de semana e con mudanza de ubicación [+] e hora. Atención aos horarios e días, dado que os primeiros filmes coinciden en datas co Amal en ruta. >...














O documental do mes: Overseas

Escravas do século XXI · Estrea en Ourense o 21 de decembro

%5B0%5Doverseas

Un impactante retrato das mulleres filipinas que vense obrigadas a emigrar para gañarse a vida. A mirada da directora Sung-a Yoon, mestura  humor negro e denuncia social, poñendo en evidencia unha forma encuberta de escravitude moderna. 

O documental do mes, é unha actividade gratuíta, organizada pola Oficina cultural da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo en colaboración do cineclube.

Ler máis





ggggggggggggggggg





Lugar



Transparecia






Facebook
Twitter
Youtube
Instagram

LUGAR HABITUAL DE PROXECCIÓNS: CASA DA CULTURA (Rúa Concello núm.11 de Ourense)

Para dar cumprimento á Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da sociedade da Información e de comercio electrónico, ao Regulamento xeral de protección de datos 2016/679 da Unión Europea e na Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informamos que vostede recibe esta correo porque está subscrito á nosa lista de correo, obtida polo libramento previo dos seus datos e o seu consentimento para o tratamento a efectos informativos da programación do Cineclube Padre Feijoo, quen custodia os datos fornecido sen transferencia a outras entidades. 

Se vostede non desexa máis comunicacións, pode solicitar a súa baixa ao correo:  cineclubepf @ gmail . com

(Envio por un sistema automático. Por favor, non responda a esta mensaxe electrónica directamente). 

Baja

2020 (CC 2.5) Cineclube Padre Feijoo. Rúa Ramón Cabanillas núm. 1 entrchán (32004) Ourense




Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages