Programación marzo abril 2025

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Mar 14, 2025, 2:41:44 PMMar 14
to Cineclube Padre Feijoo

CINECLUBE PADRE FEIJOO
Programación de marzo a abril de 2024
Presentamos unha selección de filmes un pouco incompleta, que agardamos completar coa programación posterior á semana santa.

Lamentablemente os avatares da distribución de filmes en España, non adoitan a facilitar o traballo altruista e voluntario dos cineclubistas... En calquera caso, agardemos gostedes da escolma de comedia, mesturada con documentais, sesións maxistrais, animación e drama. Atención á sesión especial coa que colaboramos na programación dos Amigos da república, así como das citas co X Ciclo do Colexio de médicos e algunha sesión extraordinaria máis pendente de fechar.  [+...
seguir lendo]
 
Out Dec-24
Sesión maxistral de filmoteca infantil
Maxistral infantil
A emocionante primeira longametraxe de Charles Chaplin, xunta comedia, drama e crítica social. Será unha única sesión, ás 12 o sábado 15 de marzo
 
Todas as sesións de ciclo...
Todas as sesións de filmoteca...
Sesións de filmoteca
Comezamos cunha comedia basada en feitos reais “ O xuízo do can”, para logo rematar cunha hipnótica homenaxe a “ Vertigo” de Hitchcock.
 
Sesión especial
X Ciclo Colexio de médicos
X ciclo ICOMOu
Nesta ocasión o ciclo do Colexio de médicos atende á vida e aos coidados dos coidadores. Serán os martes ás 19:30, 18 de marzo e 8 de abril  

Más sobre Os trasnos da lanterna...
SESIÓNS DE CICLO
 
Nas sesións de ciclo dos mércores conxugamos contos arredor de pequenas historias e temas importantes, como o medio ambiente, a soidade, o colonialismo e o propio destino das persoas
 
SESIÓN ESPECIAL
 
Como aconteceu nos últimos anos, o cineclube colabora nas actividades dos Amigos da república cunha proxección. Nesta ocasión a memoria reconstrúse tamén coa música dun xeito emocionante e inspirador.
SESIÓN MAXISTRAL
 
Homenaxeamos a David Lynch, co filme que conta os días anteriores de Laura Palmer, a protagonista da serie  Twin Peaks. (Filme exclusivamente para socios/as en 4K). 
 

PROGRAMACIÓN CINECLUBE PADRE FEIJOO / marzo - abril 2024

 

 

15/03/25    The kid – O mozo (EUA, 1921) Charles Chaplin – VOSE – 65 min.


17/03/25    Le procés du chien – O xuízo do can (Francia-Suiza, 2024) Laetitia Dosch – VOSE – 83 min.


18/03/25    Harold & Maude (EUA, 1971) Hal Ashby – VOSE – 90 min.


19/03/25    Vermiglio (Italia, 2024) Maura Delpero – VOSE – 119 min.


24/03/25    Wu suo zhu – Albergando a nada (Taiwán, 2024) Tsai Ming-liang – VOSE – 79 min.


26/03/25    Los últimos románticos (España, 2024) David P. Sañudo – VOE – 102 min.


31/03/25    ABC da greve (Brasil, 1979-1990) Leon Hirszman – VOSE – 85 min.


02/04/25    Grand tour (Portugal-Italia-Francia, 2024) Miguel Gomes – VOSE – 129 min.


03/04/25    La marsellesa de los borrachos (España, 2024) Pablo Gil Rituerto – VO/SE – 96 min.


06/04/25    Twin Peaks: Fire walk with me (EUA, 1992) David Lynch – VOSE – 135 min.


07/04/25    Suzhou he – Suzhou river (China, 2000) Lou Ye – VOSE – 70 min.


08/04/25    Cuidadores (España, 2010) Oskar Tejedor – VOE – 91 min.


12/04/25    Mariposas negras (España, 2024) David Baute – VOSE – 78 min.

 

--------------

Por último, lembramos que o cineclube é unha asociación cultural sen ánimo de lucro (declarada de interese público) no que vostede para acceder precisa coñecer determinadas normas obligatorias e recomendacións: Non se permite o acceso unha vez comezada a sesión, non se permite o uso do teléfono móbil durante a sesión (agás para a audiodescripción, naqueles filmes sinalados co símbolo AD)), e tampouco é posible tomar imaxes e vídeo dos filmes, así como fumar, ou aquelas actividades molestas para o resto de espectadores/as (comer, facer ruído, levantarse da butaca, falar en alto,etc). Recomendamos por respecto ao resto, usar unha máscara de protección en caso de síntomas gripais, catarros ou COVID.

 

Agradecemos moítisimo a súa asistencia e dado que todo o traballo do persoal do cineclube e voluntario e non renumerado, pregamos colabore e axude a celebrar unha sesión óptima do cineclube. O acceso e renovación de carnés, é posible media hora antes de cada sesión.

Faite socio/a

Facebook
Twitter
YouTube
Telegram
Instagram
Website
Pinterest
En cumprimento da normativa vixente en materia de Servicios da sociedade da información e de comercio electrónico e de protección de datos de carácter persoal, informamos que, en calquera momento, vostede pode darse de baixa desta comunicación. / If you do not wish to receive any more emails, you can unsubscribe here.
This message was sent to cinec...@gmail.com by ccpf.o...@gmail.com


Cineclube Padre Feijoo

unread,
Mar 14, 2025, 2:44:24 PMMar 14
to Cineclube Padre Feijoo
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages