Primavera musical 2026

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
May 16, 2026, 4:23:44 PMMay 16
to Cineclube Padre Feijoo

Cineclube Padre Feijoo 

Primavera musical 2026

Chega a décima edición da Primavera musical aos bares habituais nos que se programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, El Pueblo café cultural e Café Pop Torgal.


Atención á sesión extraordinaria previa...

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) cumpre 50 anos de activismo indispensable na Galiza. En colaboración co Cineclube Padre Feijoo, organiza unha proxección a modo de reflexión para comprender o país que habitamos, recoñecer o legado das persoas que puxeron o corpo na protección da Terra e revisar o papel dun movemento ecoloxista que efronta novas e complexas problemáticas ambientais nunha das chamadas “zonas de sacrificio”

> A proxección será o vindeiro martes19 de maio ás 19:30 horas (de balde)

+ Info. sesión extraordinaria

Programación primavera musical 2026


> mércores 20 maio ás 20:30 h [De balde; só socios/as]Casa da cultura  / SESIÓN MAXISTRAL DE FILMOTECA 

Colonialismo e música jazz...


"Soundtrack to a coup d´etat"  Banda sonora para un golpe de estado (Bélxica-Francia-Países baixos, 2024) de Johan Grimonprez #VOSE

Saiba máis


> xoves 21 maio ás 20:30 h [De balde] / El pueblo café cultural 

As raves no movemento Free party...


"Free Party: A Folk History" (Reino Unido, 2023) de Aaron Trinder #VOSE

Saiba máis


> sábado 23 maio ás 12:00 h [De balde]  / Casa da cultura / SESIÓN VERMÚ

A música comprometida...


"Silvio Rodríguez, Ojalá" (España-Cuba, 2012) de Nico García #VOE

Saiba máis

> luns 25 maio ás 20:30 h [De balde socios / 3 euros non] / Casa da cultura / SESIÓN FILMOTECA

O fracaso nunha banda...


"We love you" (España, 2025) de Pedro Souto #VOE

Saiba máis

> martes 26 maio ás 20:30 h [De balde] / Café Pop Torgal

O éxito despois de Chumbawamba...


"I get knocked down" (Reino Unido, 2025) de Dunstan Bruce e Sophie Robinson #VOSE

Saiba máis

> mércores 27 maio ás 20:30 h [5 euros] / Casa da cultura / SESIÓN CICLO

A música de resistencia e celebración; calipso...


"One hand don´t clap" (EUA, 1991) de Kavery Kaul #VOSE / 4K /

Saiba máis

> xoves 28 maio ás 20:30 h [De balde] / Café cultural Auriense 

Os novos trovadores...


"Ao son da nova regueifa" (España, 2025) de Manolo Maseda e Saúl Rivas #VOG

Saiba máis



Enderezo das proxeccións:

Casa da cultura - CCPF (Rúa Concello, 11 de Ourense)

El Pueblo café cultural (Rúa Hernán Cortés, 26 de Ourense)

Café Pop Torgal (Celso Emilio Ferreiro, 20 de Ourense

Café cultural Auriense (Praza do Correxidor, 11 de Ourense)


Os símbolos son: VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español / G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.  /4k/ Resolución Ultra HD ou 3840x2160 px. AD))) Dispoñible audiodescripción.

..............

O Cineclube Padre Feijoo é unha entidade cultural sen ánimo de lucro onde todo o traballo e esforzo que realizamos é voluntario e non renumerado. Para apoiar esta labor, pode facerse socio/a.


Seguídenos...cineclubepf.eu

facebook x instagram
CCPF

CINECLUBE PADRE FEIJOO, Ourense

Se o desexa pode deixar de recibir este correo informativo

Darse de baixa

Sent by MailerLite

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages