Sesións do 23 ao 25 de maio

1 view
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
May 22, 2022, 7:00:51 AM5/22/22
to Cineclube Padre Feijoo
Velaquí vai a programación desta semana...

Filmoteca CGAI


23MAI.
LUN.

«Petite fille» Unha nena

Sébastien Lifshitz · (Francia, 2020) 85 min. Cor. RA 2.39:1 [+7] VOSE

Sasha cuestiona o xénero xa con 7 anos. Ten claro que cando medre ha ser unha nena. E o que para ela pasa por natural é unha dificultade na contorna da súa cidade de provincias, malia o apoio incondicional dos pais (que percorreron tamén o seu propio camiño cara ao entendemento). Sébastien Lifshitz segue a vida de Sasha durante un ano, as súas clases de ballet, a súa terapia, as súas relacións cos outros, e a patente hostilidade cara a ela dunha sociedade que se nega a aceptala como é (na escola non lle permiten levar vestimenta feminina), nun documental conmovedor e tocado pola inspiración estreado na Berlinale.

Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero

Premios
2020: Festival de cine europeo de Sevilla: Premio mellor documental

"Un traballo encantador, aínda que desgarrador"
(Boyd van Hoeij, The Hollywood Reporter)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



VII Ciclo do colexio de médicos


24MAI.
MAR.

«A silent voice» 

Naoko Yamada · (Xapón, 2016) 130 min. Cor. Dolby dixital. RA 1.85:1 [+16] VOSE

Shôko Nishimiya, unha alumna de primaria que é xorda cambia de escola e comeza a sentir o acoso dos seus novos compañeiros. Un dos principais culpables é Ishida Shôya que acaba obrigando a Nishimiya a cambiar novamente de escola. Anos despois, Ishida busca a redención das súas fechorías.

"Tan doloroso como emocionante. É capaz de falar de temas moi complexos sen renunciar á polémica que poidan provocar (…) E o máis importante, abre novos camiños para o anime, afastándose das convencións e afrontando novos retos sen que por elo non sexa apto para todo tipo de públicos"
(Beatriz Martínez, El País)

+ [ INFO. do resto do ciclo / Abre outra xanela]


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
   (consultar bonos do ICOMOU).



Ciclo Naufraxios


25MAI.
MÉR.

«Systemsprenger» System Crasher

Nora Fingscheidt · (Alemaña, 2019) 119 min. Cor. Dolby dixital. RA 1.85:1 [ND] VOSE

Na súa salvaxe procura de amor, a enérxica e indomable Benni, unha nena de 9 anos abandonada pola súa nai e que vive nunha familia de acollida, leva a todos ao seu arredor á desesperación.

Premios
2019: Berlinale; Oso de prata

"System Crasher é un filme dificilmente esquecible; deixa ao espectador incómodo e axitado. A nivel formal, tamén estamos diante dunha obra coherente e impactante"
(Teresa Vena, Cineuropa.org)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



>A vindeira semana:

Filmoteca
Luns 30 maio: "Josep" de Aurel

Primavera Musical






--


Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages