Sesións do 4 e 6 de abril

0 views
Skip to first unread message

Cineclube Padre Feijoo

unread,
Apr 3, 2022, 4:15:31 AM4/3/22
to Cineclube Padre Feijoo
A continuación o detalle das proxeccións desta próxima semana:

Filmoteca


04ABR.
LUN.

«Más allá de las estrellas. Fotografiando un agujero negro» Máis aló das estrelas. Fotografando un buraco negro

Gonzalo Gurrea Ysasi · (España, 2020) 87 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOE/VOSE

Recuperamos a fallida proxección do pasado 30 de marzo; con entrada de balde para os/as espectadores/as que asistiron na pasada proxección (suspendida por motivos técnicos)

O 10 de abril de 2019 tivo lugar un dos acontecementos científicos máis impresionantes do século: obtívose a primeira imaxe dun buraco negro. Unha fotografía que convulsionou o mundo xa que confirmaba a teoría da relatividade de Einstein. Pero como se chega a un descubrimento tan relevante? Cóntase como se capturou esta imaxe pioneira obtida grazas ao Telescopio Horizonte de Sucesos (Event Horizon Telescope), que conecta oito radiotelescopios repartidos por todo o mundo para funcionar como un gran telescopio virtual do tamaño do planeta Terra.

"A película logra un fiel retrato da comunidade científica española que participou na realización da primeira imaxe obtida na historia dun buraco negro, un dos obxectos máis esquivos e misteriosos do universo."
(iaa-csic.es)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as). De balde asistentes 14/03/22




06ABR.
MÉR.

«Flee»

Jonas Poher Rasmussen · (Francia, 2021) 90 min. Cor. RA 2.35:1 [+12] VOSE

Un refuxiado afgán acepta contar a súa historia persoal coa condición de que non se revele a súa identidade. Para lograr tal propósito, o director decide empregar un estilo de animación que non só protexe ao narrador, senón que potencia a súa historia, combinando o tempo e a memoria de forma visceral e poética.

Premios
2021: Sundance: Premio do Xurado - Documental (World Cinema)

"A animación demostra ser o medio ideal para enmascarar e revelar a identidade dun home gai que escapou de Afganistán"
(Peter Debruge, Variety)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



> Para a volta da Semana santa, comezaremos coa programación descentralizada da Filmoteca de Galicia_CGAI (luns 18 de abril) e o mércores 20 de abril co inicio dun novo ciclo Naufraxios, e o último filme de Asghar Farhadi "Ghahreman" Un heroe. Aquí tedes xa una adianto en vídeo do ciclo.


En breve, máis info.: cineclubepf.eu


--




Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages