[Bico de leite] Unha década acompañando lactancias

0 views
Skip to first unread message

Bico de leite

unread,
Apr 28, 2015, 6:06:16 PM4/28/15
to bicodele...@googlegroups.com

 
 
Bico de Leite somos mulleres, somos nais, e tamén somos nenas e nenos, pais, avós e avoas, amigas e amigos...

Bico de leite é tamén un lugar, un punto de encontro, un sitio distinto onde damos teta, pero tamén onde damos outras cousas, damos alento e agarimo, damos información e comprensión, damos axuda práctica, respostas, pero tamén interrogacións... para seguir aprendendo.

Bico de Leite é unha parte dunha trama formada por moitos grupos e moitas persoas unidos por uns fins e un sentir común, que se atopa cando decides aleitar e sobre todo cando comezas a aprender algo máis sobre o que iso significa para as nenas e nenos, para as nais, para as familias, e para toda a sociedade.

Bico de Leite é un soño, onde todas as nais que o desexan poden amamantar todo o tempo que elas e os seus meniños queren...

Bico de leite é unha loita e un sentimento, é un saber que é posible construir un mundo mellor...

Por todo isto, dámosvos as grazas, por crer en nós, por axudarnos, por colaborar e participar, por compartirnos as túas experiencias. Grazas ás socias e ás asesoras, por dar ese anaquiño de vós, ás nais, e a todas as que fixestes, facemos e faran,... para seguir dando información e apoio a quen o desexe ou precise, e facer medrar esta gran familia que hoxe somos: "Bico de Leite". Agardámosvos o día 1o de maio na Casa da Xuventude a partires das 10.30 horas para pasar o día xuntos.
 
Non esquezades inscribirvos para o xantar no noso correo electrónico bicod...@yahoo.es

 
Grazas
Bicos... de leite



--
Publicado por Bico de leite para Bico de leite el 4/29/2015 12:06:00 a. m.
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages