[Bico de leite] As diferentes caras da lactancia

0 views
Skip to first unread message

Bico de leite

unread,
May 1, 2015, 5:10:47 PM5/1/15
to bicodele...@googlegroups.com
A nosa mesa redonda da Festa de X aniversario versará sobre as diferentes caras da lactancia. Hai tantas lactancias como díadas nai-bebé, incluso a mesma nai pode experimentar grandes diferencias entre as lactancias dos seus fillos. Queremos mostrar que, sexan cales sexan as circunstancias persoais de cada un, traballes na casa ou fóra, teñas a profesión que teñas, podes dar lactancia materna ao teu fillo. Así que contaremos con:

- Esther Martínez Bécares, matrona, asesora de lactancia, e primeira presidenta de Bico de leite.

- Guadi Galego, cantante e artista.

- Cristina Azanza, deportista.

- Chus Conde, enfermeira na planta de obstetricia e asesora de lactancia.

- Montse Espíndola, nai a tempo completo e asesora de lactancia.

Con elas e co público falaremos de todas esas caras da lactancia, as que nos poden resultar coñecidas, e as máis alleas . Vinde compartilas con nós!!!!


--
Publicado por Bico de leite para Bico de leite el 5/01/2015 11:10:00 p. m.
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages