[Bico de leite] A Pedagoxía do Abrazo con M. Nieves López

0 views
Skip to first unread message

Bico de leite

unread,
Jan 13, 2016, 5:07:25 PM1/13/16
to bicodele...@googlegroups.com

 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Medrando en Lugo e Bico de Leite, propóñenvos un novo proxecto... un proxecto para nais/pais e profesionais implicados na educación dos nenos e nenas.

 Será un proxecto de varias sesións, todas elas enlazadas que formarán parte da nosa ESCOLA PARA NAIS E PAIS. Desta volta leva por título A PEDAGOXÍA DO ABRAZO e será impartido íntegramente por M. Nieves López, pedagoga e psicomotricista, formada en Pedagoxía Waldorf e na Pedagoxía do Abrazo de Vinculación según Jirina Prekop. Actualmente Nieves é profesora no CIFP Politécnico de Lugo no módulo de Educación Infantil.
 
 O obxectivo é crear un espazo para a reflexión sobre as posibilidades que se abren cando miramos a vinculación e o seu desenvolvemento, para comprender cada etapa evolutiva dos nosos nenos/as.
No primeiro obradoiro daremos resposta as preguntas: Apréndese o rol de nai e pai? ou nácese con ese rol incorporado?

 Este proxecto daranos a posibilidade de traballar a Pedagoxía do Abrazo, de facer un momento de paréntese para mirar o proceso vivido e, desde a lixereza da toma de conciencia, permitirnos e posibilitarnos xerar toma de decisións enriquecedoras para acompañar aos nosos nenos e nenas na súa construcción vincular.

 O primeiro taller levarase a cabo o Domingo 31 de xaneiro de 10:30 as 13:30 na Casa das Asociacións de Frigsa.

 O prezo de cada taller é de 10 euros por familia para socios de Bico e de MEL e de 15 euros para familias non socias.

 A reserva levarase a cabo a través das contas de correo medrand...@gmail.com e bicod...@yahoo.es

 As prazas son moi limitadas... ven a vivir esta experiencia da man dos mellores!!
 
 


--
Publicado por Bico de leite para Bico de leite el 1/13/2016 11:07:00 p. m.

Bico de leite

unread,
Jan 13, 2016, 5:11:22 PM1/13/16
to bicodele...@googlegroups.com
Publicado por Bico de leite para Bico de leite el 1/13/2016 11:11:00 p. m.
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages