Pensando en aqueles que non poideron vir ao coderetreat de este sabado, pero que sabemos que estaban desexando vir.
Ou a os que si viñeron e quedaron con ganas de máis.
Organizamos un evento para o próximo sabado, 15 de decembro.
Esta vez nin unha kata, nin un coderetreat, esta vez vai ser algo distinto....
Un torneo de programación, eso si non esperes premio para os ganadores que xa se sabe que o importante e participar.
O torneo vai consistir en implementar un interprete de LISP na linguaxe que queiramos.
Iremos facendo o noso interprete e cada certo tempo prefixado teremos que subir a nosa implementación a un servidor.
O servidor pasaralle unha batería de tests e recibiremos puntos en función do boa que sexa.
O que máis puntos acumule será o gañador.
Claro esto facendo TDD, programando en parellas, discutindo sobre como facelo mellor e divertindonos.
A que hora?
O horario de 10:00 a 18:00, parando unha hora sobre as 14:00 para comer algo.
Onde?
O evento vai ser en nas oficinas que Agil-az teñen en Milladoiro.
Animadesvos????