Ola, o xoves da próxima semana están por Santiago Jose Ramon Díaz (@joserra_diaz) e Leo Antoli (@lantoli).
Joserra e Agile Coach e programador vocacional. Con máis de 12 anos de experiencia, agora traballa en Agilar (
www.agilar.es), adícase a axudar ás organizaciones a mellorar traballando na implantación de metodoloxías áxiles. Tedes máis información no seu perfil de linkedin
http://www.linkedin.com/in/joseramondiaz
Leo e tamén Agile Coach, ainda que cun perfil máis técnico que Joserra. Actualmente tamén traballa en Agilar, ten unha experiencia de máis de 14 anos no sector. No seu perfil de linkedin tedes máis información
http://www.linkedin.com/in/lantoli
Ambos son moi activos dentro da comunidade Agile Spain, sendo asiduos tanto ao CAS como ao AOS, e participando como conferenciantes en varios CAS.
Dentro do obxetivo de Agile Spain de revitalizar as comunidades locais, e aproveitando que están por Santiago, ofreceronse para charlar con nos sobre metodoloxías axiles tomando unhas cañas. Calquera que se queira acercar é benvido.
Cando se aproxime o día mandarei un correo a lista para informar do sitio onde quedamos.
Un saudo, Juan Penalta.