Notas exame Qcad segundo.

3 views
Skip to first unread message

Tucho Mendez

unread,
Mar 23, 2009, 9:20:13 AM3/23/09
to Tecnoloxía e OIE de Atios
Como xa fun mandando algunha nota, aquí vos poño a súa explicación. O
exame de Qcad é imprescindible ter como mínimo unha M para que faga
media e poder aprobar a asignatura, e as notas van só entre o MM e o
MB porque tampouco daba para moito máis (non me iredes dicir que,
tendo traballado un mínimo, era moi difícil...).

MB - Moi ben, perfecto, sen ningún fallo, vaiche subir a nota de
clase.
B - Ten algún fallo pouco importante, está ben, vaiche subir algo a
nota de clase
R - Xustiño, váleche para aprobar, entéraste das cousas, non está mal,
vai pasando... nin che sube nin che baixa a nota de clase.
M - de mellorar, non chega co que fixeche, os fallos son demasiados,
pensa por que non che saiu mellor e a ver se para a próxima. Chega
para facer media pero vaiche baixar a nota de clase.
MM - Mellorar Moito. ti fixeche algo nas clases de informática? Con
moita dor de corazón, así non che podo aprobar.

Nada máis, espero que vos estexades a portar moi ben e que disfrutedes
deste tempo tan bon que estamos a ter.
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages