Convocatoria xuntanza grupo de consumo As grelas

1 view
Skip to first unread message

As Grelas

unread,
May 8, 2019, 5:08:57 AM5/8/19
to asgrelas
Bo día!:

Levamos un tempo ca conta de correo durmida, pouco utilizada.
Algunhas de nos seguimos en contacto por outros lares e organizándonos para consumo consciente e coletivo de algúns produtos e compartindo tamen outras inquedanzas.
Fai tempo que non nos reunimos como grupo de consumo e proxectamos algunha actividade, encontro ou acción que nos motive e nos apeteza.

Atopeime con Manuela e xurdiron as ganas para promover unha convocatoria de xuntanza.

Convocamos xuntanza grupo de consumo "As grelas" o luns 13 de mayo as 20h no bar Cantón en Ribadeo.

Podíamos ir pensando nunha orde do día e elaborala entre todas:

1) Encontrarnos ¿cómo estamos? ¿temos ganas de dinamizarnos dende o grupo de consumo?
2)Retomar propostas das derradeiras xuntanzas que non levamos acabo como a Visita o cultivo de ostras ou a Finca As Fadegas.
3)Promover unha visita ou encontro e realizalo neste primeiro semestre do ano, algo sencillo e que nos apeteza e motive e materializalo e así nos axude a romper inercias.
4)Propostas ............................
.
.
.
.

Aproveito para enviar un saúdo afectuoso, neste espazo creado para repensarnos, transformarnos, transformar as nosas accións na procura dunha forma de vida mais coidadosa co entorno e con nosoutras mesmas.

Julia.



Libre de virus. www.avast.com
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages