Bo día!:
Levamos un tempo ca conta de correo durmida, pouco utilizada.
Algunhas de nos seguimos en contacto por outros lares e organizándonos para consumo consciente e coletivo de algúns produtos e compartindo tamen outras inquedanzas.
Fai tempo que non nos reunimos como grupo de consumo e proxectamos algunha actividade, encontro ou acción que nos motive e nos apeteza.
Atopeime con Manuela e xurdiron as ganas para promover unha convocatoria de xuntanza.
Convocamos xuntanza grupo de consumo "As grelas" o luns 13 de mayo as 20h no bar Cantón en Ribadeo.
Podíamos ir pensando nunha orde do día e elaborala entre todas:
1) Encontrarnos ¿cómo estamos? ¿temos ganas de dinamizarnos dende o grupo de consumo?
2)Retomar propostas das derradeiras xuntanzas que non levamos acabo como a Visita o cultivo de ostras ou a Finca As Fadegas.
3)Promover unha visita ou encontro e realizalo neste primeiro semestre do ano, algo sencillo e que nos apeteza e motive e materializalo e así nos axude a romper inercias.
4)Propostas ............................
.
.
.
.
Aproveito para enviar un saúdo afectuoso, neste espazo creado para repensarnos, transformarnos, transformar as nosas accións na procura dunha forma de vida mais coidadosa co entorno e con nosoutras mesmas.
Julia.