"Non á desaparición da Educación Ambiental en Galicia"

1 view
Skip to first unread message

Alfonso Rodriguez de Austria

unread,
Jan 25, 2011, 8:09:50 AM1/25/11
to
Un apoyo para l@s colegas educador@s ambientales galleg@s, una firma en  (www.sgea.org)

besos

Alfonso


Sociedade Galega de Educación Ambiental é a entidade que agrupa a profesionais (e simpatizantes) da educación ambiental no noso país, que desenvolven a súa actividade en contornos non formais, en escolas, institutos, universidades, empresas, asociacións, ou de xeito informal, para avanzar dende unha perspectiva colectiva, plural e educativa na construción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsable co ambiente.

Contactamos hoxe contigo debido a que, a (xa tradicionalmente) precaria situación da educación ambiental en Galicia, está a vivir na actualidade un importante retroceso: recortes en actividades e recursos, peche e infrautilización de equipamentos públicos, despedimentos e peche de empresas de EA, dilapidación de recursos, etc.

Esta situación esixe unha resposta axeitada das e dos profesionais da educación ambiental, motivo polo cal estamos a desenvolver unha serie de medidas, entre as que destaca a divulgación do manifesto “NON Á DESAPARICIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALICIA”.

Con este correo presentámosche o manifesto e pedímosche o teu apoio para conseguir o maior número de adhesións posibles, que tanto poden ser individuais como colectivas (asociacións, cooperativas, empresas, etc.). As sinaturas poden facerse a través da nosa páxina web (www.sgea.org) ou ben remitindo un mail a sg...@sgea.org co teu nome completo e correo-e.

Se consideras que entre os teus contactos pode haber xente interesada en recibir e apoiar este manifesto, por favor reenvíalles este mesmo correo. Moitas grazas de antemán pola colaboración. Unha aperta.
 

Sociedade Galega de Educación Ambiental
sg...@sgea.org   Tf.: 981 52 35 56 / 618 86 86 12
Rúa Voces Ceives, 41-b  15706 Santiago de Compostela



--
Por favor, si de verdad me queréis, irse. (Lola Flores)
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages